Viñeta de Joseba Morales

A viñeta  de Joseba Morales que vos mostro a continuación, fainos recapacitar sobre a figura do asesor nos diferentes escenarios nos que pode desempeñar a súa función, neste caso, suponse que como asesor presidencial; xa que tal como vimos nunha das primeiras sesións de clase, podemos atopar o rol do asesor en diferentes ámbitos da vida cotiá, como no ámbito educativo (como asesor pedagóxico, psicopedagóxico, docente, de formación de profesorado, de ministerios, curricular…), político, laboral, deportivo, matrimonial, estética e de imaxe, xurídico-fiscal, finanzas, empresarial, comercial, turístico, de administracións públicas, cine e televisión, márketing, familiar, médico…

Esta imaxe tamén nos quere facer ver a necesidade dun asesor coñecedor do ámbito que o ocupa, capaz de achegar solucións prácticas a partires dos seus coñecementos teóricos, polo que se deduce que se o asesor non ten un bo coñecemento do entorno sobre o que traballa, non estará capacitado para ofrecer un óptimo asesoramento; é dicir, debe ser un experto na materia.

Aquí vos deixo a viñeta, ¡espero que a disfrutedes!

  Vineta-200813-Joseba-Morales.jpg