¿Que farias o teu primeiro día traballando coma asesor-orientador nun centro?

O meu primeiro dia seria moi emocionante, creo que sería adentrarse nun mundo novo que me tocaria descubrir pouco a pouco. Eu considero que o primeiro que faria sería observar, porque a través da observación pódense averiguar moitas cousas. A medida que observara o meu novo entorno iríame presentando os meus novos compañeiros,  os docentes ou profesionais do centro, para ir falando pouco a pouco con eles cales seran as miñas funcións dentro do centro e dirialles que poderian contar co meu apoio sempre e cando no necesitaran.
Por outra banda creo que unha cuestión moi importante na que me deberia de parar a observar sería a maneira de traballar que teñen no propio centro, para poder adaptarme o mellor posible o seu ritmo de traballo, que relacións se establecen entre o grupo de docentes e como se relacionan ditos docentes tanto cos alumnos coma coa propia comunidades e familias dos nenos que acolle, xa que de todo isto, non só podes obter coñecemento é información senón que podes ampliar novas relacións que che faciliten o traballo en rede, que para min é moi importante.
En definitiva, explorar o novo entorno que che acolle para poder integrarte e adaptarme o antes posible o ritmo e demandas de traballo dentro deste novo sistema.