Education at glance. Análise

A tenor da sesión interactiva do pasado mércores día 6 de novembro, decidimos levar a cabo un análise individualizado do punto 4 do documento Programa de la educación Indicadores de la OCDE 2013. Unha vez realizado ese análise consideramos pertinente analizar os puntos restantes deste programa.

No noso caso realizamos un análise do apartado referente ao curso académico 2010-2011 en España. Cada un dos indicadores analizados ofrece unha comparación coa media da OCDE e con aqueles países europeos que pertencen a esta.

 

1. A EXPANSIÓN DA EDUCACIÓN E OS RESULTADOS EDUCATIVOS

1.1. Formación da poboación adulta

Neste apartado recollese que a media da poboación adulta con estudos superiores á Educación Secundaria Obrigatoria en España incrementouse dende o ano 2000, pero aínda segue a estar por debaixo da media da OCDE.

Comparando o aumento que se produciu en España co resto dos países da OCDE podemos dicir que o aumento non é significativo, sendo España un dos países con maior poboación que non supera a primeira etapa da Educación Secundaria. Neste senso cabe dicir que nos anos nos que estudaban a actual poboación adulta, a educación primaria chegaba ata octavo, ano no que gran parte da poboación deixaban os estudos para traballar.

Outro feito a destacar neste apartado é a diferenza que se atopa entre mulleres adultas con estudos en educación terciaria e mulleres novas con estes estudos, sendo maior no último caso.

 

1.2. Formación da poboación adulta segundo o tipo de formación

O 22,5% da poboación adulta en España superou a etapa de educación secundaria e postsecundaria non terciaria, aínda que segue estando por debaixo da media da OCDE.

Dedícase un apartado específico ao fracaso escolar na Educación Secundaria, destacando que coa LOMCE poderase reducir este fracaso debido a que a idade de elección sobre escoller formación profesional ou bacharelato adiantase 1 ano.

 

1.3. Escolarización en Educación Infantil

España encontrase entre os países con maior escolarización na etapa de Educación Infantil, sendo maior á media da OCDE, sobre todo destaca no tramo de idade hasta os dous anos, cando non é obrigatoria.

Tamén se destaca que o rendemento é maior cando a escolarización é máis temprana.

Un dos factores que pode influír nun inicio da escolarización máis rápido que noutros países son as políticas de maternidade, as cales dan máis facilidade aos pais noutros países, polo que os nenos permanecen máis tempo nos fogares.

 

1.4. Titulación en segunda etapa de Educación Secundaria

Aínda que en España aumentou a poboación que rematou a segunda etapa de Educación Secundaria, os resultados son menores que a media da OCDE e o resto dos países da UE.

 

1.5. Acceso en Educación Terciaria

En 2011 en España o porcentaxe de poboación que accedeu a programas terciarios (universidade) é dun 53%, porcentaxe que aumenta paulatinamente dende o ano 2008. No presente informe xustificase que o motivo deste ascenso debese á crise que vive o pais nos últimos anos, co cal ante a falta de traballo a poboación aumenta os seus estudos.

A educación terciaria (Formación Profesional Superior) alcanza un 28% da poboación, a cal aumento ao igual que no caso da universidade.

Comparando estes datos coa OCDE e o resto dos países da UE, cabe dicir que no caso da universidade o porcentaxe está por debaixo da media da OCDE, mentres que na Formación Profesional Superior supera dita media.

 

1.6. Titulación en Educación Terciaria

Neste apartado recollese que a partir do ano 1995 o número de titulados na universidade e na Formación Profesional Superior foi aumentando, dato que se xustifica debido ao aumento da poboación que accede a estes estudos nos últimos anos.

 

2. BENEFICIOS SOCIAIS E ECONÓMICOS DA EDUCACIÓN

2.1. Rendabilidade da educación para o individuo

Neste apartado realizase unha análise da transición dos xóvenes da educación ao traballo. Indicase que este proceso de transición vese afectado por distintas variables como a duración e a calidade da ensinanza recibida ou a situación do mercado laboral, entre outros.

Partindo desta información e tendo en conta á poboación que se atopa entre os 25 e 64 anos, determínase que hai unha relación entre maior taxa de ocupación e estudos, é dicir canto máis estudos menor desemprego. Ante estes datos e tendo en conta o alto abandono escolar do que falamos anteriormente, España situase na media da OCDE na relación de traballo e educación.

Analizando máis pormenorizadamente o desemprego, faise alusión a que é maior no caso das mulleres.

Por último, debemos indicar que canto maior nivel de estudios maior será o salario.

Como no caso anterior, tamén se fai alusión á diferenza de homes e mulleres en canto ao salario, sendo menor no caso das mulleres.

 

2.2. Resultados sociais da educación

Ao analizar este apartado, consideramos que os datos que se presentan non teñen sentido, posto que aínda que se intenta buscar unha explicación á relación hábitos saudables (obesidade e fumadores) con educación, non consideramos que iso vaia influír na educación, co cal entendemos que este apartado ten un contido superfluo con respecto ás necesidades que formula o presente informe.

 

2.3 Rendabilidade da inversión en educación

A inversión en Educación en España é superior á media da OCDE, ademais formula que esta inversión é rentable.

Tamén relacionase maior nivel de estudos con maior nivel de ingresos.

 

3. A FINANCIACIÓN DA EDUCACIÓN

A financiación do sistema educativo español é superior en todos os niveis á media da OCDE e aos  países da UE.

 

3.1. Gasto en educación por alumno

"España destina 9,608 dólares ao ano do gasto público por alumno na educación pública, un 15% máis que a OCDE e a UE21".

 

3.2. Variación do gasto por alumno

Ata finais da primeira década do 2000 o gasto por alumno en España aumentou en todos os niveis, decrecendo entre o 2009 e o 2010 debido á crisis económica.

 

 3.3. Gasto en educación

O gasto en educación en España tamén é máis alto ca media da OCDE. O gasto público en educación como porcentaxe do gasto público total en España representou no 2010 un 10,9%.

 

3.4. Financiación da Educación Universitaria

As taxas que teñen que pagar os estudantes da universidade son baixas con respecto á media da OCDE, debido a que están moi financiadas. Con todo, debemos indicar que estes datos son anteriores á reforma de taxas universitarias, co cal estes datos poden variar na actualidade.

 

Unha vez analizado o presente informe, chegamos á conclusión de que en comparación con Europa non nos atopamos nun mal lugar. Con todo, estes datos son referentes a un período de tempo no que todavía non se recollían os recortes e medidas tomadas no último ano en materia de educación. Debido a isto, consideramos que os resultados mostrados, non serían iguais no momento actual.

 

Bibliografía

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (2013). Panorama de la educación. indicadores de la OCDE 2013. Madrid

Comentarios

  • Nerea Bastón Martínez

    Muy buena síntesis del documento Coral. Totalmente de acuerdo contigo, si el panorama ya se presenta con tendencias negativas en comparación con Europa, imaginémonos en que punto nos vamos a encontrar después de las reformas sufridas en este último periodo. 

    Un saludo.