A Colaboración (I)

 

            O mércores 6 de Novembro falábamos, na aula, da importancia que, no asesoramento, recobra a colaboración. Pois, como sinalan Montero e Sanz (2008) a colaboración é un dos eixes fundamentais do asesoramento psicopedagóxico en centros educativos. A colaboración é, por tanto, o eixe da nosa actividade como futuros asesores ou orientadores, e como tal, debemos facer un achegamento á mesma para comprender en profundidade o verdadeiro sentido e significado do termo.

            No arquivo que vos presento a continuación pretendo facer unha análise e reflexión sobre o concepto de colaboración, apoiándome nalgunha da literatura existente ao respecto. Espero que vos sexa de interese, e vos permita ampliar, como foi no meu caso, a visión que a través das vosas propias lentes posuídes da colaboración.

A colaboración (I)