A educación en España

Despois de haber abordado distintos aspectos que afectan ao profesorado, considero preciso reflexionar acerca do artigo de José María Esteve, Nuestro sistema educativo no es un desastre. No presente artigo o autor fai unha reflexión acerca da imaxe que teñen os docentes e o sistema educativo en xeral na sociedade. Neste senso, trata a imaxe dos docentes e do sistema educativo dende a perspectiva dos medios de comunicación e os políticos. Os cales de maneira conxunta fomentan unha consideración negativa da educación en España.

Neste artigo, por tanto critícase a visión catastrofista que medios de comunicación e políticos dan ao noso sistema educativo.

Contrario a este feito, o autor recolle uns datos referentes a unha investigación levada a cabo polo Instituto Nacional de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, nos cales se observa como o grado de satisfacción das familias e dos alumnos é moi alto, tanto no referente aos centros educativos como aos mestres.

Tendo en conta isto, o autor formúlase unha cuestión na cal recolle a idea de que existe unha diverxencia entre os resultados das avaliacións e a imaxe social que ten o sistema educativo. Para responder a esta paradoxa, o autor cree que unha das razóns desta visión se atopa en que “a educación por definición, é unha actividade utópica e ilimitada” é dicir sempre quedan cousas por facer, tanto polo alumno como polos docentes, mais aínda así non tería por que considerarse de forma negativa.

Facendo fincapé na visión negativa José María Esteve fai fincapé na imaxe que desprenden os medios de comunicación e os políticos. Os medios de comunicación, acostuman recoller só aqueles aspectos negativos que ocorren nos centros educativos, ou comparacións internacionais con outros países nas cales España non acostuma saír ben parado, véxase o caso dos informes PISA. Os políticos por outro lado, acostuman aludir a necesidade de renovación no sistema educativo, xa que a situación deste é para eles desastrosa. En parte a culpa desta situación é, para eles, froito dos docentes. Dalgún xeito alúdese a que os docentes teñen ideoloxías e como tal poden transmitila aos seus alumnos. Este feito está totalmente fóra de lóxica, xa que o que promoven os docentes é o pensamento libre, a creatividade, non transmitir dogmas, como se recolle no artigo, os profesores “educan moito máis que adoutrinan".

 

Docentes

Un docente é aquel que non se dá por vencido, e que cree no potencial dos seus alumnos.

 

A continuación introduce outro aspecto que tamén influiría nesta concepción catastrofista do sistema educativo. Neste punto, fai referencia á que se compara o sistema actual co que se tiña hai trinta anos. É este feito non pode compararse, posto que no momento actual o grao de escolarización atópase no 100% cousa que antes non ocorría, co cal o traballo dos docente é moito máis duro, xa que deben atender a un maior número de alumnos. Ademais o cambio experimentado na sociedade nos últimos trinta anos afecta notablemente a distintos aspectos que inflúen na educación, como son “escolarización plena de todos os nenos en Educación Primaria; aceptación da responsabilidade do estado en Educación Preescolar; declaración de obrigatoriedade da Educación Secundaria; igualdade de oportunidades no acceso á educación de homes e mulleres, incluíndo a universidade; organización de respostas educativas integradas para nenos con dificultades especiais, superando a marxinación e a reclusión en guetos, etc.”

A educación por tanto, sufriu un importante cambio, cambio no que os docentes tiveron que adaptar o seus procesos de ensino e aprendizaxe ás necesidades que lle formulaba a sociedade actual, é por iso que “Sería bo deixar traballar aos profesores en paz, todas as avaliacións dinnos que traballan nuns niveis máis que aceptables, e os nosos políticos e os nosos medios de comunicación deberían ser conscientes de que a erosión pública da imaxe social do noso sistema educativo non é un bo servizo nin para a educación nin para o país no seu conxunto.”

 

Sistema educativo comparación

Ser conscientes de como estamos a tratar o noso sistema educativo con respecto a outros, considero é a única forma de poder atopar unha solución. Sendo os políticos e os medios de comunicación a clave no cambio de visión da sociedade.

 

Bibliografía

Esteve, J.M.(2007). Nuestro sistema educativo no es un desastre. En Cuadernos de Pedagogía, nº374, pp. 12-16