Indagando sobre...O estudo de casos de Echeita e Rodríguez, as ACIs e os Programas de Diversificación Curricular

Como consecuencia dun traballo da mestra Lourdes Montero fóra da nosa Universidade, en concreto na Universidade de Málaga, tendo que asistir á mesma para estar presente nun Tribunal de Tese de doutoramento, foi imposible que se puidese levar a caso a sesión do Mércores día 27 de Novembro de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores e, polo tanto, encomendounos que fósemos traballando pola nosa conta o estudo de casos de Echeita e Rodríguez (2005) e as ACIs e os Programas de Diversificación Curricular.

Así, a isto, a traballar o que son o estudo de casos e en concreto os casos de Echeita e Rodríguez e as ACIs e os Programas de Diversificación Curricular como medidas de atención a diversidade foi ao que me adiquei a pasada semana para poder elaborar un documento síntese que resuma o que son cada un deses aspectos, e que podedes atopar no enlace seguinte:

http://stellae.usc.es/red/file/view/49998/indagando-sobreo-estudo-de-casos-de-echeita-e-rodrguez-as-acis-e-os-programas-de-diversificacin-curricular

O feito, ten como obxectivo principal que me serva como asentamento das miñas ideas previas con respecto aos temas a tratar, que serán ampliados posteriormente á sesión do Mércores día 4 de Decembro.