Artigo de Imbernón co gallo da publicación dos informes PISA 2012

E aquí os están de volta: os Informes PISA, era algo que se viña vir, como as vacacións de Nadal ou os exames de Decembro. Nada máis abrir o xornal de hoxe...SOPRESA! Era visto! Non abandoamos as malas costumes. A modo sadomasoquista, seguimos comendo máis turrón do permitindo e deixando o estudo para o día antes do exame. Os xornalistas tampouco se cortaron cos excesos, refírome ás comparacións entre países. Reflexionemos sobre as cabeceiras dos artigos do xornal El País: 

"Asia gana la carrera de la educación" El País, 04/12/13

"Finlandia cae del pódium" El País, 04/12/13

"América Latina ocupa los últimos puestos del informe" El País, 04/12/13

"España repite curso" El País, 04/12/13

Podemos entender o afán de atraer a lectura con estes títulos, pero lexos disto o que a min me causan é fartura e cansazo, como cando rematamos a larga cea de nadal ou os exames. Outra vez nos volven a ensinar a cara fea dos PISA dicindo o que xa estamos cansados de oír, que non obtemos un bo "posto" no antedito informe. Oh my godness! E agora os fineses tamén cae dos mellores postos, qué imos facer!? En fin, un pouqiño de porfavor lle pido aos xornalistas. O único que fan desta maneira é desvalorizar a súa propia profesión e o que é máis grave aínda, empeorar o status social dos profesores

No medio desta "apocalipse" creada polos medios, queda un barco que non afundeu tralo temporal: un artigo que non está tan á vista, pero que é a diferenza entre a liña que seguen a maioría dos medios. Titúlase: ¿Qué hay de nuevo en el informe PISA con datos del 2012?escrito por Francisco Imbernón e publicado o 03/12/23 no antedito xornal. Como xa sabedes, Imbernón é catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade de Barcelona, polo tanto, ten un punto de vista máis pedagóxico do asunto. Por elo, non vexo mellor maneira de cuasi rematar o meu blog adicando os meus últimos golpes de teclado co que comecei: PISA. Porque as palabras de Imbernón saen do ton catastrofista dos xornalistas e poñen os puntos sobre os "i". Velaí van as súas ideas:

  • O informe serve para reflexionar sobre algúns aspectos do sistema educativo pero non para avalialo no seu conxunto.
  • Non mide todas as capacidades nin define o que é a educación dunha persoa.
  • Critica a maneira de presentar o informe como se fose un ránking.
  • Hay comunidades autónomas que sobrepasan a media da OCDE.
  • O informe tamén di que os alumnos con dificultades ven favorecida a súa aprendizaxe se son incluídas as novas tecnoloxías na escola e no fogar.
  • Os países que saen ben avaliados en matemáticas ben a aprendizaxe como algo aplicado á vida diaria, nembargantes aquí seguimos coa importancia da memorística.
  • Temos menos alumnos excelentes pero máis igualitarios.
  • O status económico, social e cultura das familias inflúe na aprendizaxe. Así, as comunidades autónomas con máis PIB per cápita son as que están por encima da media da OCDE.
  • Somos uns dos países con máis equidade de toda a OCDE e da UE.
E para pechar o artigo, pon en dúbida o noso futuro na educación coa nova Lei Wert: 
  • Qué pasará cando aumente a ratio?
  • Qué acontecerá cando baixe o PIB adicado á educación? 
  • Qué implicarán os diferentes recortes levados a cabo na educación?
Como di Imbernón:
 
"Ya veremos, pero seguro que repercutirá en la calidad y equidad de nuestro sistema educativo. Y eso es mucho más importante que estar unos puntos más abajo o más arriba en algunos conocimientos"
 
Webgrafía