Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas

No texto de “Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas”  de Juana M. Sancho e José Miguel Correa inténtasenos ofrecer a idea de que converterse en educador implica adentrarse nunha permanente renovación: de actividades, de obxectivos e de relacións coa comunidade. Imponse unha renovación metodolóxica.

Na introdución fálasenos de que a finalidade básica do sistema educativo foi e é garantir a transmisión e preservación de valores, actitudes e saberes dominantes e hexemónicos dunha sociedade. Mantense nunha mera transmisión de coñecementos históricos  e presta máis atención ao pasado que ao futuro.

Segundo David Berline vivimos nun mundo VICA : volátil (nada é constante), incerto (non sabemos o que acontecerá mañá), Complexo (múltiples interpretacións, conexións e configuracións) e ambiguo (pode entenderse de varios modos). A volatibilidade da información, a incertidume do futuro e a complexidade da educación aumenta de forma significativa a ambigüidade da situación educativa.

En canto ao contexto no que se sitúan os docentes podemos dicir que a os cambios sociais e a crisis na que se ven dan lugar a consecuencias que impiden satisfacer as necesidades educativas e sanitarias que se requiren. Tanto o promulgado pola Constitución española como na transición democrática fixo que a escolarización aumentase. O número de docentes tamén se veu aumentado en infantil e primaria. os soldos baixaron e as tarefas que teñen que desenvolver aumentaron.

Hai que avanzar por un camiño de cambio. Hoxe máis que nunca vese a constitución da  identidade docente como un proceso dinámico e permanente que implica dotar de sentido e reinterpretar as propias crenzas, valores e experiencias. O mestre ten que avanzar por un camiño de negociación e cambio mediado polas experiencias e pola visión que ten de ser docente.

Os elementos de cambio cos que se encontra un docente hoxe en día son os seguintes:

  • Coñecementos cambiantes
  • Currículo básico máis complexo
  • Cambios globais e migratorios que aumentan a diversidade
  • Dixitalización da cultura e da sociedade

Unha das frases deste texto que máis destaco é a de: Ser mestre é vivir a necesidade dunha permanente renovación.

A escola ten que romper con certos procedementos e levar a cabo unha renovación.

 

Bibliografía:

Sancho, J.M. y Correa, J.M. (2013). Aprender a ser maestra: perplejidades y paradojas. En Cuadernos de Pedagogía, nº436, pp. 18-21.