Máis ordenadores = mellor educación?

O xornal El País elaborou o pasado día 30 de Abril unha enquisa a Richard Gerver sobre o uso das novas tecnoloxías na clase e a incidencia que estas teñen na educación dos máis novos. Aquí, deixovos o enlace á noticia: http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2012/04/20/1334922119_543382.html 

Persoalmente, estou bastante de acordo coas respostas de Richard xa que, de que nos vale encher as aulas de ordenadores, pizarras electrónicas... se o que en realidade ten que cambiar son as mentes?. Estamos a vivir nunha realidade social na que o Estado decide o que as nosas aulas necesitan, o que lles fai falla os alumnos... Pero esta realidade non se pode estancar ahí, xa que desta forma, volveremos ao punto de inicio do que partimos. Os máis xovenes do noso país necesitan de ferramentas útiles que lles permitan crecer como membros dun estado, e dentro destas ferramentas localízase a tecnoloxía. Pero falar de tecnoloxía para min non é sinónimo de aparatos electrónicos, de 50 ordenadores por aula, de pizarras electrónicas que non se saben usar... Falar de tecnoloxía é falar doutro tipo de feramentas que Richard destacaba na súa enquisa: programas que facilitan o aprendizaxe, videoxogos educativos, aplicacións con trasfondo didáctico...

Nos tempos que corren é ilóxico pensar en aulas totalmente equipadas cas mellores dotacións electrónicas. Por iso, unha boa alternativa é apostar por este tipo de material. Son os educadores e os políticos do noso pais os que teñen nas súas mans un cambio para a educación das xeracións que serán o futuro.