e-learning papers

http://www.elearningpapers.eu/

E-Learning Papers é unha revista electrónica que contén artigos dedicados ó intercambio de información sobre a educación aberta (curación de contidos e creative commons) e as novas Tecnoloxías da educación en Europa.

Nestos artigos podemos atopar estudos sobre a situación actual das TIC nas escolas e institucións educativasasí como outros que fomenten o uso destas tecnoloxías nos procesos educativos e presentan recursos para elo.

Destes artigos podemos atopar un resumo nunha gran cantidade de idiomas pero o texto completo, dispoñible para descargar, só esta en inglés, o que na miña opinión sunpón unha gran dificultade para o emprego deste recurso a pesar da súa importancia e utilidade.

Polo xeral, os textos que aquí se publican son creative commons, é dicir podese copiar, distribuír e divulgar, sempre e cande estes estén debidamente citados. Isto supón unha gran axuda xa que nos permite empregar de unha maneira libre e aberta os contidos que aquí se presentan. Podedes acceder á licencia completa a través deste enlace: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/