Organismo Autonómico Programas Educativos Europeos (OAPP)

http://www.oapee.es/oapee/inicio/pap.html

Este organismo, adscrito ó Ministerio de Educación ten como principal cometido xestionar a participación española no Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, co claro obxectivo de facilitar o intercambio, a cooperación así como a mobilidade entre os sistemas de educación e formación dos países europeos que participen, de xeito que así se convirtan nunha referencia de calidade no mundo. 

Así, os diferentes programas  de interese que se poden consultar dende esta páxina son os seguintes:

- Comenius para a educación escolar. 

- Erasmus para a educación superior. 

- Leonardo da Vinci para a Formación Profesional. 

- Grundtvig para a educación de adultos.

Resaltar o interese e importancia desta páxina web tanto para o alumnado como para o profesorado, pois ofrece toda a información precisa para acceder ós Programas en cuestión. 

Ademais a través da opción "Elige tu Programa", móstrase unha serie de termos incluídos nos diferentes programas así como as principais características, finalidades, obxectivos e accións.