Dialnet

http://dialnet.unirioja.es

A presente web é un Repositorio no cal temos acceso gratuito a publicacións científicas en formato electrónico así como outro tipo de materiais de carácter académico.

En febreiro deste ano foi nomeada no ranking do Laboratorio de Cibermetría do CSIC, como o segundo mellor repositorio do mundo.

Elixo esta web posto que é a fonte de información de moitos dos meus traballo, así como polo control que se exerce sobre os documentos que se atopan nesta. Lévase a cabo unha revisión por parte de dous profesionais de cada un dos documentos, abordando neste análise, a validez e coherencia dos aspectos tratados. Así mesmo utilizo este portal, para ter información das últimas publicacións de diversas revistas do eido da educación, a través do servizo de subscrición co que conta a páxina unha vez te rexistras nela.