mochila tradicional VS mochila dixital

mochila tradicional VS mochila dixital

Iniciado por ana noya Respuestas (1)

Onte atopei un artigo, o cal me fixo pensar moito. Nesta nova, que vos presento a continuación falase do cambio da mochila tradicional, chea de libros, libretas, folios, lapices e cores, por outra bastante menos pesada chea de programas, aplicacións e  información a volta dun clic.Nun primeiro momento pensei “ ¡Por fin, que boa idea…! Pois acordeime do moito que pesaba a miña mochila e do inútil que era levar tal cantidade de cousas á escola día tras día, ano tras ano…pero despois, sopesando a idea, poñéndoa baixo a visión de futura mestra, dinme de conta, que isto supoñía un gran cambio na escola actual, na concepción da educación, na metodoloxía…que non so se trataba dun cambio de materiais, para alixeirar as pesadas mochilas dos nosos pequenos, senón, que detrás desta iniciativa había moito máis. Despois de pensar en todo isto, sentinme confusa e un pouco desilusionada, xa que dende o meu punto de vista, esta é unha innovación moi complexa e que supoño, que require de moito tempo para que poida levarse a cabo nas nosas escolas.

Isto suporá pois, un cambio na metodoloxía da escola tradicional, xa que de pouco valerán as aulas tradicionais de exposición de contidos, se os contidos e a información toda está na man dos nosos alumnos á un só clic, e se ademais, os materias son máis interactivos que o propio mestre. Con todo isto, quero dicir, que non só basta con incorporar as TICS ás aulas, xa que este non é o obxectivo final, senón que debemos utilizalas como unha ferramenta para un fin maior.

Por todo isto, pregúntome : está a escola tradicional preparada para introducir esta nova tecnoloxía nas aulas ? ou ocorrera, como por exemplo, cos taboleiros virtuais, que en moitas aulas, se utilizan como proxector do libro de texto ( fagocitación)? Vos que creedes?

Pensades que isto suporá un cambio positivo na escola? Que pensades que suporá cambiar os libros de papel por os libros virtuais?  Isto fará cambiar o papel do mestre na escola?

PD: para aqueles que falabades “ dos gupos de whatsapp dos pais do colexio” nos que se solucionaban os deberes dos nenos… que pensades das aplicacións que aquí se nomean, para “organizar as axendas de pais e nenos”, para que os primeiros, estean sempre ó tanto das tarefas dos nenos?

http://goo.gl/VvoNcR

Respuestas

  • Por Lorena Sanín

    Ola Ana!

        Como ben apuntas, tal e como afirma o ‘efecto mariposa’ calquera pequeno cambio pode ter grandes consecuencias, pero ó contrario do que pareces pensar ti, non considero que sexa estritamente negativo nin que non valga a pena intentalo.

          Tamén eu estou a favor das ‘mochilas dixitais’, non só pola comodidade de transporte nin a actualización de contidos e aforros para as familias como afirma o texto (variables tamén moi importantes), senón porque nos da acceso a unha amplísima gama de materiais e recursos de calidade para traballar tanto nas aulas como fora delas.

       Está claro que a escola na súa vertente tradicional non é compatible coa (boa) introdución de novas tecnoloxías (de feito o exemplo que pos ti dos encerados dixitais non se debería considerar ‘introdución de TIC’s’ baixo o meu criterio) , pero pola miña parte penso que precisamente esa idea tradicional de escola tampouco é compatible coa sociedade e cos nenos de hoxe en día, polo que é preciso cambiala si ou si.

    Esta idea de cambio metodolóxico pode que sexa difícil de acadar e pensar dende a perspectiva de que os que a teñen que cambiar son os mestres actuais, acostumados na súa gran maioría a esta metodoloxía tradicional, pero pola contra penso que este cambio pode ser totalmente factible se a responsabilidade e os impulsores deste cambio son os docentes en formación ou recen formados.  Estes últimos (nós) estamos sendo educados como mestres baixo unha perspectiva mais innovadora e acorde á sociedade de hoxe en día, na cal ‘se devalúan’ os métodos tradicionais de ensinanza e se nos plantexan alternativas mais innovadoras que poden axudar a mellorar a educación. Todo o anterior provoca que a gran maioría de nos saia das clases con ganas de cambiar o panorama educativo actual, e precisamente esas ganas (coa persistencia, constancia e capacidade de traballo que implican) son o factor determinante para calquera cambio da índole que sexa.

    Polo tanto, qué mais da que a escola tradicional non estea preparada para introducir as novas tecnoloxías? Cambiemos o modelo de escola! Ou polo menos intentémolo! A peor non podemos ir…non?

        Persoalmente, non estou a favor da total ‘dixitalización’ da escola, e penso que os nenos e nenas deberían ter algo de contacto con ferramentas e metodoloxías tradicionais que non están tan mal, por exemplo libros de papel, xa que a experiencia de ler un libro en papel e lelo nunha tablet ou ebook é totalmente diferente (e persoalmente eu quédome coa primeira opción).

        Como dixen anteriormente, calquera pequeno cambio ten grandes consecuencias, e se cambiase o modelo de escola está claro que tamén cambiaría o papel do alumno, o do mestre, os materiais, as metodoloxías, os espazos e tempos de aprendizaxe….pero como tamén expresei anteriormente non considero que teña que ser negativo, e de feito teño a esperanza de que teña xusto o efecto contrario, e axude así a mellorar a calidade da educación.

       Por último, o exemplo de aplicación de axenda que pos paréceme unha aberración contra a liberdade e capacidades dos nenos. Por qué tan pouca confianza nos nenos? Acaso temos que mirar con lupa todo o que fan? Eu considero que non, que lles deberíamos dar certa liberdade e darlles a oportunidade de que sexan eles mesmos os que xestionen a súa aprendizaxe e a súa vida, e que mesmo carguen coas consecuencias dos seus actos (como pode ser non facer os deberes), xa que senón estaremos fortalecendo un control externo das súas condutas en detrimento da propia  autoregulación da mesma, habilidade que considero fundamental en calquera neno ou nena.

                                                                                                                                   Sanín Sánchez, Lorena