Murillo, P. (2004):"Estrategias centradas en ele asesoramiento para la innovación

            Buscando na rede  cales son as funcións do asesoramento, encontrei un interesante artigo de Paulino Murillo que me axudou a clarificar este aspecto, xa que nel contrastábanse as funcións do asesor así como as problemáticas e posibilidades de actuación da súa labor ,na actualidade.

           Sinálanse tamén as tarefas  que se levan a cabo por este perfil, ou que tipos de asesoramento se poden realizar en función de diversos elementos: segundo os destinatarios, a natureza da demanda do asesoramento, segundo quen solicita, en función  do contido da demanda ou ben do tipo de relación que se establece.

        Así mesmo, o autor reflexiona sobre a problemática da coordinación e a  complementariedade que existe  entorno a actuación dos diversos profesionais que interveñen en tarefas de asesoramento, na liña, por tanto,  do comentado  na última sesión  de clase en relación a superposicións de funcións na tarefa de asesorar.

     Finalmente, presenta varios tipos ou formas de concibir o asesoramento: de carácter interinstitucional, entre colegas e  interprofesional, sinalando os seus rasgos  máis significativos,  e defendendo ,en síntese, que as súas actuacións deben encamiñarse cada vez máis cara modelos próximos o polo de proceso /no directividade, e indicando a necesidade de adaptar as estratexias de asesoramento as necesidades e  realidades de cada centro educativo.

           Anímovos a que o leades para que  poidamos reflexionar sobre el. Un saúdo.