A infoxicación e cómo afrontala.

A infoxicación e cómo afrontala.
Por Borja Lapido Tubío

Neste arquivo engado un documento, unha transcrición da conferencia realizada por Alfons Cornella no ano 1999-2000. Na mesma trata o tema da infoxicación nos espazos dixitais e cómo temos que facer os usuarios para poder "sobrevivir" a estes excesos de información.

Esta conferencia foi de moita relevancia en relación a este concepto, sendo moitos os autores que a citan; sendo este autor quen define a infoxicación como: "exceso informacional, de intoxicación informacional, na que tes máis información para procesar da que humanamente podes, e, consecuencia, xorde a ansiedade, algo que se denominou tecnicamente information fatigue syndrome" ( Cornella, 1996).

Pois debemos de pensar que é interesante ata que punto no que un se atopa desinformado na rede, sendo completamente contraditorio á súa función de informar; isto pode deberse a que non estamos educados aínda para ese uso correcto e eficaz das novas tecnoloxías, as que, á súa vez, con asiduidade amosan unha escaseza de información.