Materia aplicada as prácticas

TERMOS A RECORDAR.-

-          Era dixital

-          Redes sociais

-          Tecnoloxía educativa

-           Base de datos

-          Competencias dixitais

-           Recursos

-          Ferramentas

-          Soociedade da información

-          Comunicación

-          Nativos dixitais

-          Transferencia de datos

-          Mundo virtual

-          Tecnoadictas

-          Reputación dixital

-          Identidade Dixital

-          Seguridade

-          Creacaión de contidos

-          Protección de información e datos persoais

-          Elementos tecnolóxicos

A día de hoxe atopámonos no que podemos chamar sociedade da información, a cal está plenamente dixitalizada e, na que podemos asegurar que os adolescentes son nativos dixitais. Podemos decir, que coa intención de mellorar por un lado a eficiencia, e polo outro a productividade nas aulas, o factor de incorporar a tecnoloxía a educación contribúe de maneira positiva a dito feito, debido a toda a cantidade de cousas que nos ofrece, como poden ser ferramentas que manteñan a atención dos estudantes con unha maior facilidade e disposición, a vez que resultan ser máis interactivas, pois puideno observar no meu período de prácticas, as cales desempeñei no I.E.S Pontepedriña.

Están a levar a cabo a integración da tecnoloxía dixial no centro educativo, pois nel podémonos atopar con todo tipo de elementos tecnolóxicos, como poden ser: Pizarras intercativas, aulas virtuais… ademáis de internet.

As redes sociais e a web 2.0 dalles a psoibilidade aos estudantes de poder aprender ao mesmo tempo que están a levar a cabo interación, non so cos seus compañeiros de clase, senos que tamén co dos outros cursos. Todos eles poden debatir sobre as ideas e compartir puntos de vista, os que lles permite estar a desenvolver un pensamento crítico durante o seu desenvolvemento.

Tamén observei que a tecnoloxía está moi presente en todos aqueles rapaces que teñen maior dificultade ou algún tipo de necesidade educativa especial, pois con estas poden acceder a todo aquel tipo de material que lles permita reforzar todo o traballado durante o día ao longo das diferentes clases.

Ademáis disto, os profesores poden facer o seu traballo dunha maneira máis atractiva e poden resultar ser máis eficientes, o que favorece tanto a todo o equipo docente como a cada un dos integrantes do alumnado.

A día de hoxe, os estudantes xa non teñen a necesidade de ter que dispoñer dun papel e boli, pois, debido a facilidade que porporciona Internet a hora de compartir contidos. Permítelle a rede, posibilitarlle ao alumnado para que leve a cabo as distintas tarefas, todo tipo de libros electrónicos e interactivos. Desta maneira, estáselles a proporcionar todo tipo de experiencias educativas dinámicas, interesantes e adaptadas aos novos tempos.

Quero concluir decindo que a forma na que se está a empregar a tecnoloxía no ámbito educativo cambiou moito no que respecta a anos anteriores, ofrecendo deste xeito unha maior calidade aos estudantes, a vez de permitir unha maior efectividade, elasticidade e aproveitamento de cada un dos recursos educativos.