Tecnoloxía e aprendizaxe

Deixovos aquí un arquivo moi interesante. É un estudo que se desenvolveu durante o curso 2002-2003, baixo o impulso da editorial SM; e realizado por un equipo de investigación do Instituto de Avaliación IDEA coordinado polos profesores Álvaro Marchesi e Elena Martín. O tema central do mesmo foi o impacto da utilización do ordenador no ensino dos profesores e na aprendizaxe dos alumnos.

A través dun estudo que, grazas a formación recibida ao longo destes anos universitarios, podemos entender facilmente. Así mesmo, é moi visual e inclúe numerosas gráficas e táboas que fan máis sinxela tanto a comparación como a compresión das conclusións.

Este estudo pon inda máis de manifesto as vantaxes das TIC en educación, cousa que xa mostrei en blogs anteriores, deixándonos inda máis claro que a aplicación das novas tecnoloxías en educación ter máis efectos positivos que negativos.