Feliz Cumpleaños!!

Hoxe en día, o uso das tecnoloxías facilítanos moito as relacións coas persoas, mais estas relacións son reais? Creo que en moitos casos o que esta a ocorrer e que se está a perder o contacto cara a cara. Aínda que ben é certo que facilita a comunicación a distancia. A quen non lle ocorreu recibir felicitacións no facebook, de xente que ve todos os días e que non te saúdan pola rúa, pero tamén de persoas que estan lonxe. Co cal, onde está o punto intermedio?

Considero, por tanto que "nin tanto, nin tan pouco", utilizar as redes sociais si, mais debilitar o contacto persoal non.

Comentarios

  • Beatriz Lopez Muniz

    Considero que a túa imaxe e reflexión non puido ser máis axeitada. Fixome pensar en todas esas persoas que forman parte dos "amigos" de cada unha das redes socias pero que en realidade o teu contacto con eles é inexistente entón, chegados a este punto, preguntome, porque continuan ocupando ese espazo nas nosas redes sociais?

    Como dis ti, moitas desas persoas velas acotío pola rúa pero ou te ignoran ou miran para o outro lado, agora ben o día do teu cumpreanos elas mesmas se encargan de felicitarte por todos cantos perfiles de redes sociais teñas pero en persoa xamais.

    Creo que o uso das tecnoloxías, en parte puido crear esa distancia entre persoas máis considero unha vez máis que a culpa está en nós mesmos. Volvendo ao exemplo que poñías ti, que quen te quere felicitar e saúdar en persoa vaino facer igual existan ou non redes sociais.

  • coral lopez lozano

    Eso era o que quería suscitar coa imaxe, posto que creo que todos nos atopamos algunha vez nesa situación, e é certo que moitas veces témolos como amigos nas redes sociais, mais en realidade apenas temos relación con eles. Pode que ese sexa un punto no que dalgún xeito erramos e debemos corrixir.

    Gracias pola aportación