Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Fonseca albergará una cápsula del tiempo digital hasta el año 2047.

O pasado mércores aparecía no xornal de "La Voz de Galicia" o seguinte titular: "Fonseca albergará una cápsula del tiempo digital hasta el año 2047". Podedes ler a noticia no seguinte link:

http://lector.kioskoymas.com/epaper/viewer.aspx

A miña cuestión é: que pensades que ocorrerá no 2047? Avanzaría moito a tecnoloxía? Retrocedería o ser humano ó perder o contacto cos seus iguais?

Na miña opinión, claramente penso que a tecnoloxía avanzará a uns pasos axigantados ata este ano 2047 e que, desafortunadamente o ser humano terá máis contacto coa tecnoloxía que cos seus iguais, polo cal haberá un gran cambio entre a sociedade de hoxe en día e a do ano 2047. Situación totalmente enriquecedora para o rapaz ou rapaza que realice a tese sobre este feito, xa que analizará os aspectos ou factores acontecidos nuns anos (pasados para el) e presentes (futuros para nós).

 

Comentarios

  • Talia Rodriguez Arribas

    Me parece muy interesante este tema. Está claro que en el 2047 todo habrá avanzado muchísimo. Lo que no sabemos nosotras es en que sentido van a seguir avanzando las tecnologías y hasta nosotros mismos. 

    Es muy probable, como tu mencionas que la tecnología acabe por individualizarnos cada vez más, pero esto no lo sabremos hasta llegar a ese año. A lo mejor, con la conciencialización de la sociedad se consigue un uso de la tecnología mucho más responsable que hoy en día. Todas nuestras preguntas serán resueltas en 2047.

  • coral lopez lozano

    Teremos que esperar ao 2047 para coñecer en que cambiou todo, o que si é certo, é que de seguro os cambios serán moi notables. Posto que nos 21 anos da miña vida a tecnoloxía cambiou radicalmente, co cal todo é posible nun futuro e máis con ese espazo de tempo.