• Archivos
  • Pablo
  • Todos ensinan, todos aprenden. Unha comunidade de aprendizaxe no medio rural.

Todos ensinan, todos aprenden. Unha comunidade de aprendizaxe no medio rural.

Todos ensinan, todos aprenden. Unha comunidade de aprendizaxe no medio rural.
Por Pablo

Boas,

o último artigo que quero compartir sobre as comunidades de aprendizaxe é o seguinte:

Martí L. "Todos enseñan, todos aprenden. Una comunidad de aprendizaje en el medio rural."  publicado en Cuadernos de Pedagogía nº 290.

Esta experiencia levouse a cabo na escola de Castellcir, un centro rural de Infantil e Primaria que pertence ao ZER (Zona Escolar Rural) de Moianés situado na provincia de Barcelona. Este ZER empezou no curso 1996-1997 un ambicioso proxecto no que o claustro do centro convida o alumnado, as súas familias e a todos os habitantes da
poboación a soñar unha escola mellor. A característica básica deste ZER foi que os/as profesores/as entenderon desde
o primeiro momento, que o seu non era o proxecto de cinco centros unidos, senón de cinco pobos.

 

Para poder alcanzar esa escola soñada por todos e todas, o centro deseñou un amplo programa de talleres didácticos que, unha vez por semana, senta no lugar do/a mestre/á os/as veciños/as do pobo. A chave do éxito desta iniciativa radicaba en que se implicasen nel non só as/os mestras/es, senón tamén os pais e nais, os representantes municipais ou, simplemente, a xente do pobo.

Saúdos