Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Fracaso escolar, o noso profesorado ten a culpa disto?

Subo unha entrevista realizada a Philippe Meirieu que descubrín indagando sobre o tema do fracaso escolar (podémola atopar en Cuardernos de Pedagogía, nº 373). Paréceme interesante compartila convosco xa que exponse a situación de fracaso escolar actual, pero tamén se dan claves para que o profesor/formador empregue contra esta situación. Deste xeito, coido conveniente destacar a seguinte cita: "Dar sed a quienes no quieren beber. No nos podemos contentar con dar de beber a quienes ya tienen sed”. Tamén se deixa constancia da importancia do traballo en equipo do profesorado.