Escola unitaria

Escola unitaria
Por Álvaro Conde Debén

Subo a seguinte fotografía debido ao simil que se pode establecer coa situación actual do profesorado. No pasado, coas escolas unitarias como a da imaxe por exemplo, os mestres tiveron que levar a cabo un esforzo moi grande para sacar adiante e formar ao alumnado alí presente, de diferentes idades, con formacións adquiridas moi distintas...

Na miña opinión, na actualidade estase a dar unha situación parecida. En vez de ter rapaces de moi distintas idades, con currículums diferentes... contamos cunha amplísima diversidade como poden ser os alumnos inmigrantes, aqueles que precisan de necesidades educativas especiais, alumnos desmotivados...

O que quero dicir co dito anteriormente é que se no pasado foron quen de saír adiante a base de esforzo, sacrificio e moito traballo, quen dice que na actualidade non se poda facer o mesmo? Precisamos que toda a comunidade educativa se implique neste caso, que estuden a situación real e propoñan novas medidas a levar a cabo que melloren o funcionamento dos sistemas educativos, conseguindo como obxetivo fundamental que a integración de todo o alumnado nas aulas sexa REAL.

Por todo isto, tan só se pode dicir que se nun pasado conseguimos superar todas a barreiras... Porqué non se vai poder facer agora?