A formación e o desenvolvemento profesional docente fronte aos novos desafios da escolaridade.

Neste documento titulado " Formación e desenvolvemento profesional docente fronte aos novos desafios da escolaridade" podemos identificar os principais problemas que presenta a formación docente incial e continua nos paises latinoamericanos. O artigo foi editado polo Instituto de Investigación en Ciencias da Educación da Facultade de Filosofia, en Bos Aires.

O documento fai referencia en todo momento ao contexto social marcado por profundos cambios e desafios aos que ten que facer fronte a figura docente. Para dar resposta aos problemas analizanse catro variableso;  currículo, os modelos, a idea que se ten de formación e os perfiles dos formadores. Neste senso, fai alusión as numerosas reformas que se fixeron no curriculo no referente a a formación inicial dos mestres, atendendo tanto os contidos como a estructura. Mencionase que nestas reformas se fixo especial atención ao factor docente mediante a consideración de  aspectos, tales como; hisper-responsabilización dos docentes, desautorización dos docentes e o predominio dunha capacidade de uso das TIC ligado a innovación e a implementación.

Na segunda parte do documento, centrase nos desafios aos que a sociedade latinoamericana ten pendentes en función de materia educativa. Neste sentido da unhas pinceladas sobre aquelo mellorable aportando máis información sobre que debería facerse.