Miriam Blanco Rodríguez

A xente que me coñece considerame unha persoa alegre e divertida, gústame ver a cara positiva das cousas e odio discutir, polo que intento evitar as discusións.

As medidas de atención á diversidade

Nunha das últimas clases tratamos o tema das medidas de atención a diversidade onde fixemos especial fincapé nas adaptacións curriculares, consideradas medidas extraordinarias.

Buscando información, así como algún exemplo de adaptación curricular atopei o seguinte arquivo, o cal considero moi interesante posto que unha das dúbidas que sempre nos surxiu foi ¿Quen se encarga de elaborar a adaptación curricular, o mestre ou o orientador?, e neste momento onde poñemos en práctica a nosa tarefa de asesores. Como futuros orientadores, nós somos os encargados de asesorar e supervisar o profesor, pero este e o encargado de elaborala, dando lugar así a unha segunda dúbida, que a min como mestra me surxiu ¿Como elaboro unha adaptación curricular? Esta dúbida respondea a miña táboa, onde figuran os pasos a seguir na elaboración da mesma.

Tendo claro que unha adaptación curricular é un conxunto de acción dirixidas a adecuar o currículum as necesidades dun alumno/a ou grupo determinado. En base a esas necesidades detectadas, as adaptacións poden asumir medidas de diferente carácter, dependendo do tipo e do grado de dificultade que presenten os alumnos.

Por iso é importante que distingamos entre:

- Adaptacións curriculares significativas: Son modificacións sustanciais (afectan ós obxectivos, contidos e criterios de avaliación) do currículum común para un determinado alumno que presenta necesidades educativas especiais graves. Por dicilo dalgún modo, dito alumno tería unha programación paralela, onde tería distintos obxectivos, contidos, actividades, avaliación... que o resto de compañeiros.

Estas teñen un carácter excepcional e para levala a cabo é preciso levar a cabo unha avaliación psicopedagóxica (intelixencia, personalidade, contextos...) e unha avaliación das súa competencia currícular (que sabe e coñece respeto a cada área do currículo).

Estas recóllense nun documento que debe ser enviada e aprobada pola Inspección Educativa. Dependendo do grado de déficit estas realizaránse na clase, a tempo parcial, ou na aula de apoio, a tempo completo.

- Adaptacións curriculares non significativas: Adaptacións que se realizan no currículum de un área concreta para un alumno/a ou grupo de alumnos onde se manteñen os mesmos obxectivos e contidos que para o resto do grupo. Estas son dirixidas concretamente para alumnos que presentan necesidades educativas especiais pero que estas non son moi graves.

Estas por termo xeral poden modificar: metodoloxía, actividade e avaliación pero a diferenza das significativas estas non teñen porque estar recollidas en nigún documento en concreto. Estas poden ser levadas tanto dentro como fóra da aula (na aula de apoio).