Miriam Blanco Rodríguez

A xente que me coñece considerame unha persoa alegre e divertida, gústame ver a cara positiva das cousas e odio discutir, polo que intento evitar as discusións.

2. 1º ESCEA: Psicopedagogos/as e contextos de asesoramento: Revisión

Este foi un dos cabos que quedaron soltos no meu blogue e sobre o que me gustaría reflexionar agora.

Unha das primeiras cuestión que formulamos na clase foi: ¿É o mesmo asesorar que orientar?

Para dar resposta a esta pregunta tomarei como base o texto de María Mar Rodríguez, así como definicións que atopei na rede:

Por unha banda a orientación correspóndese cun esquema de traballo vertical, unha persoa realiza unha labor de formación sobre uns individuos.

No campo da educación por termo xeral realízase sobre o alumnado.

Pola outra o asesoramento correspóndese cun esquema de traballo horizontal, un profesional asesora a outros sobre o traballo que realizan. Se nos cinguimos unicamente o aquí exposto só podemos falar de asesoramento cando traballamos co profesorado.

A continuación presento unha táboa que amosa as principais diferenzas entre os termos:

 

ORIXE

PRÁCTICA

PODER

COMUNICACIÓN

META

ORIENTACIÓN

Guidance, couseling

Directa co alumnado

Asimetría

Unidireccional

Resolución de problemas

ASESORAMENTO

Support, adviser

Indirecta:sobre o profesorado ou outros menbros da   comunidade educativa

Horizontal

Bidireccional

Captación asesores/asesorados