Historial

2. Os primeiros conceptos da materia: Revisión

2. Os primeiros conceptos da materia

Última actualización de en Lucía Rico

O primeiro termo que se nos presentou na materia foi o de competencia dixital. A partir deste momento, este concepto estivo sempre presente na materia, e ao meu parecer é o máis importante, xa que fai referencia á capacidade para desenvolver ou executar algo, e precisamente iso é o que intento conseguir nesta materia: as competencias necesarias para empregar as novas tecnoloxías dun xeito apropiado.

Nesta primeira parte da materia falamos tamen da sociedade da información e plantexámonos se estamos ou non preparadas para vivir nela. O certo é que non. Nun primeiro momento pode parecer que, como dende pequenas puidemos empregar as novas tecnoloxías e os diferentes aparellos que ían aparecendo, estamos preparadas para dita sociedade da información, mais simplemente temos un coñecemento superficial da mesma. Estamos inmersas nela pero debemos camiñar á par dos avances, formándonos continuamente para saber actuar fronte a eles.

O mundo cambia contínuamente, cada vez unha maior rapidez, e a escola debería educarnos para non quedarnos atrás nesta sociedade da información.

Quero incluír aquí a curación de contidos, tan importante en dita sociedade para poder buscar, filtrar, agrupar e compartir a información. Debemos ter moi en conta que os datos se comparten rápidamente e chegan a todo o mundo. Ditos datos e infromación que se comparte, en moitas ocasións son falos, contan unha verdade a medias ou están mal fundamentados. Temos que estar atentos ante estas mentiras e engaños, que poden conformar as chamas fake news. Ditas noticias chegan a nós a diario, na televisión, periódicos, a través de Facebook, Twitter... Por estar na rede, ou mesmo nunha páxina dun periódico non significa necesariamente que sexa unha información verídica.

Neste punto da miña formación podo dicir que adquirín certas competencias que me permiten realizar a cura de contidos, e ter smepre en conta quen é o autor, en que data se publicou a información, sobre que base se asenta, etc.