Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras diría que son: sociable, paciente e responsable

Historial

11. Conclusións: Revisión

11. Conclusións

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

 

Unha vez colocadas todas as pezas coas que contaba sentome na alfombra de traballo e dispoñome a visualizar a miña construcción desde as diferentes perspectivas.

Boto  unha ollada atrás e recordo todo o camiño andado durante estes meses... foi un longo camiño que troixo consigo un arduo traballo e que deu lugar a un resultado final, pero non por ser final é inamovible pois como ben dicía Edward Estlin Cummings destruír é sempre o primeiro paso antes de calquera creación e neste caso non vai ser diferente. 

A estrutura creada é esta e non outra porque así o considerei oportuno, pero isto non quere dicir que sexa a única forma posible de colocar as pezas que forman o meu coñecemento; todo o contrario, estas pezas teñen múltiples formas de ser colocadas pois aquí, igual que no proceso de coñecemento, todo é válido. Ningún coñecemento ou idea é errónea se creemos firmemente nela, só será máis correcta ou menos. O mesmo ocorre coa miña construcción, a disposición das pezas pode ser máis ou menos correcta para as persoas que a observen dende fóra, pero para min é a construcción perfecta porque é A MIÑA CONSTRUCCIÓN, aquela que representa o meu proceso de coñecemento.

A pesar de que o resultado final da miña construcción sexa unha figura lineal, pódese observar que os contidos que abarcan cada peza se van repetindo ó longo do proceso, pois o coñecemento non é lineal, senón que   segue unha dirección en forma de espiral, uníndose uns a outros e repetíndose continuamente.

Elexín esta metáfora porque me pareceu que se adecuaba bastante ó proceso de aprendizaxe que seguín eu ó longo desta asignatura: cada un dos coñecementos que adquirin durante este período, por sí sós non teñen demasiado significado pero se os interrelacionamos uns con outros dan lugar a resultados moi enriquecedores e aprendizaxes gratificantes para nós (igual que as pezas de construcción que individualmente e illadas non aportan nada pero que se as unimos e combinamos poden dar lugar a bonitas construccións)

Aquí remata esta construcción, pero non é definitiva, senón que cando o considere necesario podo engadir ou extraer pezas, así como cambiar unhas por outras...

 

image