8. NIVEL 7. MALESTAR E BENESTAR DOCENTE: Revisión

8. NIVEL 7. MALESTAR E BENESTAR DOCENTE

Última actualización de en Raquel Viña Molinos

NIVEL 7.jpg

Nos dous niveis que preceden a este vimos falando das relacións que se dan no eido educativo. Debemos percatarnos que éstas, xunto con outros factores, condicionan e ao mesmo tempo dependen da stuación de malestar ou benestar docente ante a que nos atopemos. Este será, pois, o tema sobre o que versará este nivel.

Comezarei por lembrar as  ideas traballadas en clase sobre este tema e que se recollen no documento que se presenta a continuación, o cal está ubicado no grupo SANCOSMEIRAS.

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/27425/consideracins-sobre-o-malestar-e-o-benestar-docente

Como se pode ver, no documento abordanse as que consideramos as principais causas do malestar e benestar docente, aportase unha definición do termo malestar docente e fálase do concepto de resiliencia, que abordaremos maís adiante.

O malestar docente aparece estreitamente vinculado co sindrome do burnout. Pero, en que consiste este síndrome? A esta pregunta dáselle resposta no seguinte documento:

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/27098/sndrome-del-burnout

Explicase, por tanto, no documento, en qué consiste este síntoma, as fases polas que atravesa,...

En relación a este tema, tamén no grupo Sancosmeiras subimos un arquivo no que se presenta un extracto dun artigo no que se fala sobre as investigacións realizadas en torno ó malestar e benestar docente (cómo  evolucionaron, qué se estuda na actualidade,...) indicando as diferencias entre términos próximos pero non sinónimos, tales como estrés, síndrome do burnout, depresión,... e describindo os principais factores asociados ao malestar e benestar docente.

 image

 http://stellae.usc.es/red/file/view/27424/factores-asociados-al-malestarbienestar-docente

Parece claro que o malestar docente se fai cada vez máis patente na nosa sociedade, quizais as últimas novidades en materia educativa (recortes, lexislación,...) están contribuíndo a que isto sexa así. Sobre isto falarase no seguinte nivel, pero antes de rematar esta páxina gustaríame retomar o término resiliencia, ao que se fixo referencia con aterioridade.

 A resiliencia é a capacidade que teñen todos os seres humanos de desenvolver fortalezas frente a situacións difíciles ou traumáticas, por iso aparece como unha opción para combater o malestar docente.

Remato, por tanto, esta páxina, con un video sobre a resilencia, que pretende dotarnos de fortaleza e ánimo ante as dificultades  coas que poidamos atoparnos