Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Historial

2. Primeira etapa: Adentrándonos no asesoramento.: Revisión

  1)    Introdución:

A continuación emprenderemos a nosa viaxe cara o asesoramento, un percorrido a través de diversas etapas que nos aportarán información rica e profunda sobre dito concepto. Cada unha destas paradas que se van ir realizando neste percorrido, serán necesarias para poder adquirir un maior coñecemento do asesoramento dunha maneira más amena e creativa. Ademais destacar a importancia da constancia e superación dos retos propostos, é dicir, no camiño pode haber dificultades á hora de conseguir unha meta ó igual que acontece na vida diaria, polo que o esforzo será o noso aliado para chegar a comprender máis pormenorizadamente que é o asesoramento e así finalizar a nosa viaxe satisfactoriamente.

 

2)    Primeira etapa:

 

primeira etapa do camiño.gif

Chegou o día de emprender o camiño, xa estaba todo listo despois duns días de preparación e motivación, polo que soamente quedaba botar a andar. Sabía que o camiño non ía ser fácil e que poderían xurdir obstáculos complexos de superar, pero as ganas de conseguir o meu principal obxectivo, comprender o asesoramento, eran moi elevadas. Así que … comezamos a camiñar !

Durante esta primeira etapa, foron xurdindo diferentes cuestións a cerca do asesoramento como por exemplo acontece coas seguintes: ¿Qué é asesorar?, ¿ónde se leva a cabo a labor de asesoramento?, ¿qué funcións ten o asesor/a?... Polo que o meu principal obxectivo agora era tratar de buscarlle solución ás mesmas.

Para iso, comezarase cunha proposta realizada na aula, que consistía na análise das materias que manteñan relación co asesoramento, para desta forma continuar indagando na acción de asesorar e con posterioridade centrarme nos escenarios onde se desenvolve a labor de asesoramento.

En primeiro lugar, e centrándonos no prácticum, pódese sinalar que a través del puiden vivir o asesoramento por aparte da orientadora tanto ós alumnos como ás familias apoiándose no caso que fose necesario noutros especialistas para tratar de resolver os problemas pertinentes.

En canto á materia de Diagnóstico na educación, destacar o asesoramento e orientación por parte dos diferentes membros da comunidade educativa a partir da recollida de información e posterior análise desta. Nesta materia coñecemos as diversas técnicas de recollida de información para posteriormente poder levar de xeito adecuado unha revisión, análise e avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación, e así actuar de forma correcta para chegar á solución dos problemas aparecidos.

En Intervención Psicopedagóxica nos Transtornos do Desenvolvemento, centrámonos en coñecer as características dos principais trastornos e dificultades do desenvolvemento para posteriormente intervir e tomar as decisións máis pertinentes segundo cada caso.

Na materia de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica, esta estivo dividida en dúas partes. Na primeira delas, centrámonos nunha visión global da orientación e intervención psicopedagóxica, a través da análise da situación da escola actual, o papel dos servizos de apoio, os servizos de orientación e os diversos modelos … En canto a segunda parte da materia, esta está máis centrada xa nun modelo funcional dos servizos de orientación no ámbito escolar, os contextos nos que o orientador pode desenvolver a súa acción … ademais de centrarnos nunha das funcións dos psicopedagogos como é o asesoramento.

Por outro lado, na materia de Orientación profesional, tratamos aspectos relacionados coa diferenciación entre asesoramento e orientación, cales son os modelos de orientación profesional, como é o funcionamento dos servizos de orientación profesional, os recursos e instrumentos de intervención …

A continuación, e centrándome xa máis concretamente no ámbito do asesoramento, tratarase de identificar os escenarios nos que se desenvolven tarefas de asesoramento, para con posterioridade facer fincapé nas tarefas desenvoltas polo asesor/a.

En canto ós escenarios, destacar que na vida diaria o asesoramento pódese atopar en múltiples situacións como por exemplo acontece nas seguintes:

  • No ámbito familiar.
  • No ámbito xurídico.
  • No ámbito lexislativo.
  • No ámbito académico.
  • No ámbito social.
  • No ámbito pedagóxico e      psicopedagóxico.
  • Nos servizos sociais.
  • No ámbito administrativo.
  • No ámbito da moda, estética.
  • Asesor matrimonial.
  • Asesor de marketing.
  • Asesor relixioso.
  • Asesor científico.
  • Asesor deportivo.
  • Asesoramento na rede.

 

En canto a este aspecto pódese destacar a gran amplitude da labor do asesoramento, posto que esta se atopa en lugares moi diferentes pero nos que se debe ter en conta a importancia do contexto, é dicir, a relación existente entre o asesoramento e o contexto no que ten lugar, debido a que dito asesoramento se vai a alimentar de diversos contidos pertencentes ó ámbito no que se atope para posteriormente participar neles.

Ademais disto cómpre salientar a posición que ocupa o asesor/a nos diversos ámbitos, dando lugar á conclusión de que esta figura se atopa oculta, é dicir, os asesores/as realizan o seu traballo de forma silenciosa sen ter un afán de protagonismo.

En relación ós escenarios nos que podemos atoparnos coa labor de asesorar, Rodríguez Romero (1996), ofrece a seguinte clasificación dos ámbitos de asesoramento educativo: 

 

  1. A formación Permanente do Profesorado.

En canto a este ámbito, Rodríguez Romero (1996), comeza expoñendo que a formación permanente é a maior influencia no desenvolvemento profesional dos mestres. Aínda así, non toda intervención nun centro educativo ou con mestres pode ser considerado como asesoría. Isto é así posto que distingue entre unha intervención episódica realizada por un experto nun curso onde se consensuou previamente cos profesores/as o contido da tarefa e onde existe unha relación de poder xerarquizada e determinada polo coñecemento,o cal non pode ser considerado como asesoramento, e por outra banda afirmase que para que exista unha tarefa asesora debe haber un compoñente formativo (Hernández, 1992). Desta maneira, se se toma como referencia a igualdade de roles, o tempo de execución da tarefa, a implicación dos participantes ….a función asesora neste caso sería ó mesmo tempo unha función formador.

Para remarcar as ideas expostas con anterioridade (formación profesional e asesoramento), amósase a seguinte definición :

“una acción de asesoramiento que proporciona consejo o asistencia a un profesor o grupo de ellos por otro profesor compañero, supervisor, consejero de distrito o asesor externo” (Eraut,1989,p.2749)

 

Finalmente Rodríguez Romero (1996,p.27), ofrécenos unha nova alternativa de formación permanente e desenvolvemento profesional do profesorado como é a seguinte:

a)    Los contenidos responden a necesidades y problemas de la actividad profesional de los participantes y son seleccionados por su relevancia para la mejora de la práctica de la enseñanza. Se suelen adoptar orientaciones basadas en la resolución de problemas para articular las estrategias formativas.

b) Prima la orientación hacia la reflexión, y resulta clave el aprendizaje de procedimientos de descripción e interpretación del quehacer diario, ya sea desde la perspectiva de la acción en el aula, el análisis biográfico o autobiográfico, la caracterización del conocimiento práctico, el análisis de casos o la realización de diarios y ensayos.

c)  El foco de formación suele ser un grupo de profesores que comparten un contexto de trabajo o toda una escuela, de modo que los aspectos organizativos cobran especial protagonismo.

d) Los agentes que lo hacen suelen estar en acciones colaborativas donde prima la colegialidad (Lieberman, 1986, 1988). Docentes trabajando con docentes es una opción que se potencia (Little, 1988),

e)  El proceso de formación se suele realizar en el lugar de trabajo de los participantes, de forma que la escuela es un escenario privilegiado para el perfeccionamiento. La formación se considera una actividad intensa y continua que debe involucrarse en la propia dinámica de trabajo de la institución”.

 

Por último destacar que esta nova alternativa plantexa unha visión do asesoramento na que se considera a innovación ou mellora da escola unida ó perfeccionamento do profesorado.

 

  1. A Inspección Educativa.

Ó falar de Inspección Educativa faise mención ó control administrativo da ensinanza, é dicir, do Sistema Educativo.

A relación existente entre este ámbito e o asesoramento é complexo pola relación que deberá existir entre o papel de controlar ou vixiar o sistema educativo coa acción de asesoramento ós mesmos. Desta maneira os profesores/as ó percibir os inspectores como vixiantes da normativa, resúltalle máis complexo vinculalos a unha visión de axuda e asesoramento das tarefas propiamente educativas, sendo as tarefas de asesoramento desenvoltas por servizos de apoio externo ás escolas especializadas en apoios específicos.

  1. A Orientación Escolar.

En canto a este aspecto é importante diferenciar entre o asesoramento e a orientación como dous termos que en ocasións se confunden pero en realidade posúen salientables diferenzas.

Tradicionalmente, a orientación era entendida como o tratamento do alumnado con problemas, tratando de previr e solucionar os déficits dos alumnos/as en relación a problemas académicos e vocacionais sen considerar tanto os aspectos contextuais. Ademais sinalar a pouca relación mantida entre os orientadores/as e o profesorado, ó ser considerados os primeiros como expertos que din o que facer a partir da realización de probas psicométricas.

Por outro lado a labor asesora si que considera o profesorado como eixe da acción, sen ser o asesor/a o protagonista (experto), e caracterizando a acción como a colaboración entre o asesor/a e o asesorado.

Finalmente, destacar a reconceptualización da orientación (Santana Vega, 1992), onde orientador proporciona un servizo de apoio indirecto ós profesores/as coa finalidade de mellorar a calidade da instrución na aprendizaxe de alumnos/as con problemas e outros con baixo rendemento atendidos en clases normales.

  1. A Innovación Educativa.

A innovación educativa implica accións relacionados con actitudes e procesos de investigación para a solución de problemas vinculados co cambio da práctica educativa. 

Esta acción, pode ser levada a cabo en diversos ámbitos, entre os que nos atopamos os seguintes:

-       Innovación educativa nos planes e programas de estudo: o seu obxectivo é a formación integral do estudante en tóda-las súas dimensións.

-       Innovación educativa no proceso educativo: proceso de aprendizaxe, proceso de ensinanza, formación docente e recursos e materiais de aprendizaxe.

-       Innovación educativa no emprego de tecnoloxías da información e a comunicación.

-       Innovación educativa nas modalidades alternativas para a aprendizaxe: currículo flexible e con materias optativas; mobilidade do estudante; diversificación de ambientes de aprendizaxes; adecuación da educación ós ritmos, condicións e procesos de aprendizaxe dos alumnos ...

-       Innovación educativa no Goberno, dirección e xestión: experiencias con propósitos de aprendizaxes, capacitación do persoal e flexibilización da xestión universitaria.

Neste ámbito, a idea principal correspóndese con traballar “con” en lugar de “intervir sobre”, tratando de potenciar a profesionalidade, a autonomía, a autorregulación dos individuos e as institucións … en vez de cultivar a dependencia e a toma de decisións.

Así, o asesoramento centrarase en profundizar en capacidades e modos de asesoramento nos que tamén poidan participar outros especialistas, os cales propondrán diversas alternativas para tratar de construír un clima e un entorno para a solución de problemas e a mellora da ensinanza (Escudero, 1992). Todo este proceso de axuda e apoio, non é exclusivo dun axente de cambio (asesor/a), senón que se establece un cruce de varios axentes que teñen a finalidade de colaborar no intento de mellorar o centro escolar.

  1. A Organización Escolar.

Cando se fala da escola como organización, faise mención ós aspectos relacionados cos alumnos/as e o seu alcance das metas propostas, a organización do centro, a plantilla do profesorado, a utilización do tempo, o desenvolvemento profesional do profesorado … repercutindo todas estas condicións na aprendizaxe o unas actividades experimentadas polos alumnos.

Para levar a cabo a mellora da escola dende un punto organizativo, os diversos membros das comunidades educativas deberán ir adquirindo progresivamente diversas capacidades que lles permitan resolver con eficacia os problemas que aparecen diariamente no centro.

Desta forma, os asesores/as son considerados como facilitadores do cambio durante un período de tempo limitado, tratando de conseguir que a escola poida chegar a ser independente dos seus servizos, é dicir, proporcionaranlle a axuda necesaria para mellorar a organización do centro escolar.(Escudero, 1990).

Finalmente, Rodríguez Romero (1996), establece os seguintes sete pasos para levar a cabo a estratexia de asesoramento no Desenvolvemento Organizativo:

  • Clarificación da comunicación.
  • Establecemento de metas.
  • Descubrimento de conflitos e interdependencia.
  • Mellora dos procedementos de grupo.
  • Resolución de problemas.
  • Toma de decisión.
  • Avaliación do cambio.

Tras uns días no camiño, conseguiuse dar resposta a dúas cuestións que me rondaban pola cabeza como son as anteriores, pero non estaba totalmente satisfeita posto que un aspecto importante do asesoramento como son as funcións do asesor/a aínda estaba sen resolver. Por este motivo o resto do camiño desta primeira etapa estiven atenta a aquelas sinais que puideran dar resposta a dita pregunta.

Finalmente, cheguei á conclusión de que entre funcións que poden ser desenvoltas por un asesor/a, pódense atopar as seguintes:

  • Proporcionar información.
  • Formar.
  • Proporcionar apoio á persoa que o necesite.
  • Colaborar.
  • Guiar.
  • Acompañar.
  • Interactuar / dialogar.
  • Aconsellar.
  • Axudar.
  • Tomar decisións.

 

Tras esta exposición, centrareime nas diversas clasificacións elaboradas por diferentes autores en relacións as funcións dos asesores/as, comezando por Havelock (1969), o cal perfilou tres tipos de funcións como son as seguintes:

  • “Sujeto que ofrece soluciones externas a  instituciones y personas.
  • Mediador de información entre el sistema de conocimiento y sistema usuario.
  • Colaborador en la identificación y resolución de problemas”.

 

Crandall (1977) identificou unha serie de funcións dos asesores dende a perspectiva do cambio educativo:

  • “Identificar programas y recursos.
  • Facilitar procesos para el desarrollo y diseminación de la información.
  • Aportar información  específica para desarrollar programas.
  • Poner en marcha procesos de investigación – acción.
  • Formar en actividades y habilidades de enseñanza.
  • Facilitar procesos, creando capacidad en las escuelas para su  autodesarrollo”.

 

Por outro lado, Stillman y Grant, (1989) realizaron unha agrupación das funcións desempeñadas polos asesores/as en dous tipos como:

  • “Dar apoyo directo a los enseñantes en el centro en relación con el curriculum.
  • Ofertar formación permanente por medio de cursos”.

 

No caso de  Saxl e Miles (1987,1988) e tras un estudo de Lieberman, identificáronse varias función de apoio por parte dos asesores, pero finalmente establecéronse seis dimensións integradoras de ditas función, como son as seguintes:

  • “Creación de relaciones de confianza, claridad de metas y definición precisa de funciones, responsabilidades y expectativas.
  • Diagnóstico de la organización.
  • Activación de procesos de desarrollo inspirados en la resolución de problemas.
  • Facilitación del trabajo y de los procesos de grupo.
  • Facilitación de la utilización de recursos.
  • Creación de capacidad, confianza y compromiso para la   continuación de procesos de mejora” (En Escudero, 1990, p.89)

 

Finalmente Rodríguez Romero (1996) contempla para o asesor as seguintes tarefas:

  • Investigación e análise, realizando e/ou sintetizando investigacións e diseminando directrices de política educativa.
  • Avaliación de prácticas escolares, axudando ás escolas a coñecelas e sistematizalas.
  • Desenvolvemento de materiais, métodos ou procedementos.
  • Demostración e modelamento de novas prácticas e métodos educativos.
  • Información sobre resultados de investigación e novos métodos pedagóxicos.
  • Planificación a nivel de centros educativos.
  • Establecemento de relacións entre centros educativos ou grupos implicados en proxectos similares.
  • Formación do profesorado en novas prácticas educativas.
  • Asesoramento para seleccionar e desenvolver novos programas.
  • Apoio aos centros educativos para desenvolver as súas propias dinámicas de innovación.

 

Chegou o fin da primeira etapa do camiño, e con ela os primeiros coñecementos a cerca do asesoramento. Esta situación de satisfacción foi un impulso para continuar coa viaxe, polo que me puxen en marcha dicindo:  ¡Vamos a pola seguinte etapa!