Kely Torres Velo

Sensible, implicada co que acontece ao meu arredor e soñadora.

Historial

6- Avaliación da viaxe a Ítaca: Revisión

A viaxe que emprendemos no meu e-portafolios é unha metáfora moi breve da viaxe que emprendeu Odiseo a Ítaca. Un longo camiño que tanto a él coma a nós, nos serviu para coñecernos a nós mesmos (aspecto novidoso para min, pois nunca antes o tiña experimentado da mesma maneira que nesta materia).

Fomos ao longo da nosa traxectoria polo Mar Exeo, coas nosas colaboracións (tanto na aula como no blog) collendo novas experiencias e adquirindo novos coñecementos. Isto requeriu que todos e todas tivésemos en conta os coñecementos dos nosos compañeiros, o que nos podían aportar e o que nós lle podíamos aportar a eles, construíndo desta maneira, un coñecemento que sen dúbida é de propiedade colectiva.

Esta propiedade compartida, non podería ser posible sen a plataforma da rede social do grupo de investigación Stellae, na cal publicamos as nosas entradas. Claro que, a rede non fai todo por nós. Implica a lectura dos blogs dos nosos compañeiros/as, escribir comentarios, subir artigos, descargar artigos, subir vídeos, fotos, etc. En definitiva, é unha ferramenta para a reflexión individual e grupal que nos permite compartir e crear os nosos saberes. Desta maneira, puidemos ir facendo unha reflexión na acción, como dicía Schön, e ir sendo absorbidos pouco a pouco polo hipnotizante remuíño dos coñecementos na que nos meteu afortunadamente, a profesora Lourdes. Remuíño polo cal eu non sería absorbida de non ser polo constante diálogo aberto que tivemos tanto coa profesora como con nós mesmos, sendo unha das clases ónde máis interactuamos, tanto presencialmente como virtualmente

Todo o traballo feito ate o de agora foi unha reflexión na acción. Nembargantes, eu quixen empregar a metáfora a modo de reflexión sobre a acción, é dicir, como unha ferramenta educativa para poder reflexionar sobre o conxunto do meu e o noso traballo ao longo desta materia. Cada un elaboraremos unha metáfora propia, cun significado moi persoal, na cal faremos ver a nosa creatividade ante esta actividade tan transformadora na cal expresamos o noso pensamento. 

E por último dicir, que aínda non se terminou a viaxe, queda moito camiño que percorrer para chegar a Ítaca! Polo tanto... CONTINUARÁ!

 

"A Odisea como un ciclo 

ónde o lugar de partida é o lugar de chegada

e ónde a travesía é a posibilidade de acceder á sabiduría"


SOL