Alba Fernández Paz

Son mestra de Educación Primaria e actualmente estou cursando 5º de Psicopedagoxía.

Historial

7. Recolecta da Colleita: Escolas Inclusivas: Revisión

7. Recolecta da Colleita: Escolas Inclusivas

Última actualización de en Alba Fernández Paz

 

7. Recolecta da Colleita: Escolas Inclusivas

Imaxe 13

Se todos os procesos anteriores funcionaron, é dicir, se houbo unha correcta preparación do terreo, plantación de sementes, se se levaron a cabo as tarefas de mantemento e as condicións climatolóxicas foron as axeitadas, entón despois de tanto esforzo estaremos preparados para a recollida da colleita. No asesoramento a recollida da colleita correspondese coa creación de Comunidades de Aprendizaxe Comprometidas.

E para iso son necesarios certos cambios que recollemos no seguinte documento.

Dende o asesoramento debe traballarse co fin de lograr que os diferentes membros da Comunidade Educativa e Administracións se comprometan por unha escola mellor, traballar colaborativamente cos estes últimos, logrando que a colaboración se converta nunha constante na forma de traballo, fomentar que o cambio se perciba dende as escolas como algo habitual, innovacións metodolóxicas e educativas, escolas nas que as tomas de decisións se faga de forma democrática, etc. entón lograremos o propósito ansiado, a transformación das escolas en verdadeiras Comunidades de Aprendizaxe Comprometidas, escolas inclusivas que permitan unha educación de calidade para todos. 

 

Cando todo isto se cumpra, entón o asesoramento e o Sistema Educativo en xeral, recollerán os froitos da súa colleita.