8. Diarios de clase: Revisión

8. Diarios de clase

Última actualización de en Concepción Estévez Vázquez

Nesta páxina recóllense os diarios de cada unha das sesións realizadas na aula, é dicir, todos os contidos traballados durante esa sesión. 

Considero de gran importancia os diarios, xa que permiten lembrar todos os conceptos traballados durante cada unha das sesións, e ademais permite que o alumnado que polas súas circunstancias non puido acudir a esa sesión poida comprobar que foi o que se levou a cabo, podendo deste modo estar ao día na materia.  Esta é a gran vantaxe que permite esta plataforma Stealle, polo que non estaría de máis poder empregala para outras materias.  

Por outra banda, na maioría dos diarios non só se incorporan os conceptos traballados senón que pola contra nalgúns recollo pequenas reflexións ou apliación de contidos. 

Deste modo, a continuación recóllense todos os diarios/acta de clase. Hai que ter en conta que houbo días que non tivemos clase polo que non realicei o diario, así como o día da técnica do acuario xa que faltei. 

O 16/09/13 

foi o primeiro día de clase, polo que realizamos unha presentación sobre quenes eramos e de onde procedíamos e para que viñamos, así como identificarnos a través dun adxectivo que nos identificase e que deixase reflexado como somos, por iso eu dixen tímida, xa que cústame moito expresarme en público. Ademais Lourdes Montero realizou unha presentación da materia así como dela mesmo. Falounos tamén da metodoloxía que íamos empregar (e-portfolio) , do sistema de avaliación que seguiríamos, das expectativas e dos obxectivos que esperábamos alcanzar.  Deste modo, como non foi moi intenso en contidos pois realicei un diario máis ben sobre as miñas sensacións, xa que considero que sempre se debe facer ao inicio dunha materia para ver cómo me sentía ao principio (Primeiro día, novas sensaciónse como me sinto agora ao final. 

ACTA CLASE 25/09/2013 (CARTAFOL)

ACTA CLASE 30/09/2013

ACTA CLASE 07/10/2013

ACTA CLASE 14/10/2013

O 21/10/13 non tivemos clase e o   28/10/13 foi o día que fixeron a Técnica do Acuario e que non puiden ir debido a lesión dun esguince de tobillo. 

ACTA CLASE 04/11/2013

Diario clase 11/11/13

0 18/11/13 neste día non fixen diario debido a que traballamos sobre os Estudos de Casos de Gerardo Echeita e Víctor Rodríguez, e como fun recollendo os contidos na análise que realicei a parte, considerei oportuno non reflexalo, ademais porque  a compañeira de clase Mónica Boullón foi a encargada de realizar o díario para ese día.

O 25/11/13 non tivemos clase

O 2/12/13, foi o último día de clase. Nesta sesión estivemos a traballar o tema da atención á diversidade a través do DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Como esto foi o contido principal da sesión non elaborei o diario, xa que todo o que traballamos teño nos documentos de atención á diversidade.  Así mesmo, foi de destacar a existencia dunha unidade na Universidade de Santiago de Compostela que serve de apoio ao alumnado con algún tipo de necesidade educativa específica derivada dalgún "problemática". O que si me gustaría destacar é que o profesorado universitario enfróntase a unha gran diversidade de alumnado e que eles non coñecen absolutamente nada das súas necesidades ou características, se teñen algunha NEAE. Polo que deberíase traballar máis sobre a atención á diversidade nas universidades.