Silvia Muñiz Núñez

"La inteligencia consiste no sólo en el conocimiento, sino también en la destreza de aplicar los conocimientos en la práctica" (Aristóteles)

Historial

7ª PARADA. Estación 909. Expectativas de futuro.: Revisión

    7ª PARADA: ESTACIÓN 909.  Expectativas de futuro.

7º parada.png

 

 

A séptima parada a realizar polo tren será a “Estación 909. Expectativas de futuro”. Neste sentido pretendo indagar e recoller aquí todo o traballo con relación ao futuro do asesoramento no documento “Reflexiones sobre el futuro de la orientación psicopedagógica inmersa en una encrucijada sociocultural” de Benavent (2003), en base a autores como Bisquerra e Álvarez González (1998), os cales abogan por un modelo de intervención específico, cunhas características determinadas como veremos o longo desta páxina, así como Rodríguez Espinar e outros (1993), que pola súa parte abogan por unha coexistencia de modelos de forma sincrónica nos centros. Ademais, tamén farei referencia ó futuro do asesoramento e da orientación na lexislación educativa recén aprobada, que será a que marque dito futuro.

Estes parecéronme outros aspectos importantes a incluir no meu portfolio, pois debemos considerar hacia onde camiña a nosa sociedade para ir adaptándonos ás novas circunstancias e metas que se nos interpoñen no noso traxecto. É por iso, que decido realizar esta parada, onde o meu séptimo vagón se enriquecerá e cargará de expectativas interesantes no camiño do asesoramento curricular.

septimo vagón.png

 

Debido á necesidade de atender a múltiples e diversas demandas por parte dos centros escolares, implica que cada día máis, o orientador utilice diferentes modos de facer e recorra a distintas estratexias dependendo do momento e do escenario onde se produzan as demandas, para o que debe estar preparado, tal e como comentaba na páxina anterior. O futuro dos modelos de orientación foron indagados no seguinte documento:

El futuro de los modelos de orientación



Desta perspectiva, en base as diferentes demandas que xorden no panorama educativo, Bisquerra e Álvarez González (1998) abogan por un futuro modelo de intervención, cuxas características que sinalarei a continuación, poderíamos dicir que encaixan co modelo de programas:

  1. Prioritariamente indirecta (consulta): onde o orientador/a presta atención á consulta da institución e ao profesorado, non á intervención directa na aula.

  2. Grupal: aínda que en certos momentos se necesite unha atención individualizada.

  3. Interna: onde os dinamizadores son tanto os titores como orientadores do centro. implícase aos profesores a través do proxecto curricular do centro e perséguese unha integración curricular dos contidos da orientación.

  4. Proactiva: a intervención debe enfocarse á prevención e desenvolvemento, aínda que, en ocasións, segue xurdindo para atender a certas necesidades, como unha intervención remedial.

  5. A través de sistemas de programas integrados (SPI): programas realizados por parte do profesorado que, en ocasións, necesita a intervención directa do profesional da orientación.

Por outro lado, Hervás Avilés (2006) resalta a necesidade de que nun futuro, exista un modelo de cambio que represente unha realidade dialéctica entre o contexto e a institución en onde se inscribe a acción orientadora. É fundamental aquí, un modelo ecolóxico que distinga as necesidades reais de partida a través de programas ou actuacións concretas con carácter intencional, comprensivo e preventivo.

Sen embargo, tal e como manifestaron Rodríguez Espinar e outros (1993), os distintos modelos coexisten de forma sincrónica nos centros, pois no desenvolvemento concreto da orientación educativa nos centros escolares non se aplican modelos básicos de forma exclusiva, senón que se recorre a modelos mixtos adaptados á realidade específica de cada institución escolar.

 

Tralo traballo neste documento, ademais cercioreime de que sexa cal sexa o modelo de base, é necesario un proceso de revisión para mellorar a capacidade de resposta do modelo ós seguintes aspectos:

  • As novas demandas e necesidades dos centros (interculturalidade, absentismo, participación, convivencia, etc.).

  • A necesidade de coordinación con outros profesionais (docentes, educadores sociais, etc.).

  • A tendencia a incrementar a presenza do profesional da orientación no centro.

  • A necesidade de coordinar as tarefas de orientación realizadas dentro do centro e aquelas que implican a colaboración cos recursos da zona.

 

Esto podemos dicir que está en conexión co comentado en páxinas anteriores, sobre a esixencia e o compromiso de adaptarse a escola ós dinamismos e cambios impulsados polo fervor do desenvolvemento tecnolóxico en xeral e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), en particular. Así o panorama educativo esíxenos transformacións no eido da orientación, de forma que atenda as súas necesidades e realidades. Desta maneira, tal e como anexei en páxinas anteriores, indaguei sobre a importancia de coñecer as TIC na orientación educativa e a súa implementación na mesa, que considero, todos debemos ser coñecedores. Pero como se trata dun aspecto que xa recollín con anterioridade, só me remito a facer unha breve cita do mesmo.

Esta realidade da orientación tamén podemos detectala no panorama educativo, que como ben sinalei, axústase á realidade social. Neste caso, e tras a recente publicación da LOMCE (Ley da Mellora da Calidade Educativa), dende o grupo de psicopedagogas viaxeiras quixemos facer unha reflexión sobre o enfoque que se lle da á orientación e ó asesoramento na lexislación educativa futura, deixando entrever que nos deparará o futuro neste campo. Deste xeito, podo dicir que a priori, nun primeiro contacto inicial co desenvolvemento da norma, decatámonos que os termos de orientación e asesoramento eran mencionados unha soa vez ao longo da súa redacción. Podemos dicir que aprenciamos así como o asesoramento se concibe como algo externo ao centro, non facendo referencia aos procesos deste tipo que ata agora se regulan dende a lexislación vixente nun centro educativo. E o mesmo, no referido ao concepto de orientación.

http://stellae.usc.es/red/file/view/43271/a-orientacin-e-o-asesoramento-na-lexislacin-educativa


Deste xeito, percatámonos de que a LOMCE non incorpora nada novidoso no que compete a este ámbito, e moitos dos seus presupostos que desenvolve ao longo do seu discurso parecen contrarios á atención á diversidade, á compensación de desigualdades ou á equidade, que na actualidade se confiren como eixos vertebradores do sistema educativo, así como da orientación e do asesoramento.

Este é o caso de exames externos ou reválidas (externalizando o proceso de avaliación e producíndose así un desprazamento de competencias) ou a inclusión como principio metodolóxico (realizando temperás segregacións por itinerarios atendendo a “actitudes”, “talentos” ou “capacidades”). Reflexionando sobre este aspecto e observando a natureza da que van partir as futuras disposicións legais que se vaian desenvolvendo, podemos considerar que se presta atención ó tratamento da diversidade na aula, algo tan común na práctica actual educativa?; A figura do orientador seguirá mantendo as súas funcións e será primordial na vida educativa do centro? No desenvolvemento curricular? No organizativo?; Vaise a atender ó reaxuste das ensinanzas con todo o que leva consigo (metodoloxía, avaliación, etc.)? Seguirá sendo primordial ante o caso de alumnado con necesidade específica de apoio educativo ou as avaliacións terán un carácter común sendo “todos por igual”? Algúns destes e outros aspectos parece que en principio non aparecen recollidos na nova reforma educativa, que afectan tanto a plantexamentos didácticos, organizativos, institucionais e sobre todo, profesionais que actualmente se están levando a cabo, tendo sempre en conta o contexto e as súas características.

A modo de apunte final, o proxecto da LOMCE, preséntasenos un documento que contradí os máis elementais principios do ensino que se asumiron como pilares da educación ata o momento. Por exemplo, retórnanse a modelos metodolóxicos do pasado que xa foron descartados coa chegada de visións construtivistas. Polo que a visión futura de escolas inclusivas e comprensivas da organización global do proceso de ensino-aprendizaxe, non saberemos onde van quedar.

Á referencia á multitude de probas externas, pode facernos pensar, polo tanto, que se están a propoñer medidas con asesores que descoñecen a realidade das aulas, a multitude de características persoais que pode definir a un neno ou unha nena ou, simplemente, a complexidade que rodea ás labores dos profesionais da educación (o que exemplifica parte dos motivos polos que segundo De Puelles en 2009 fracasan as reformas). Estes asesores semellan estar máis próximos ao eido económico que ao educativo, dado que se presenta como finalidade da educación a mellora da economía do país. Concíbese, así, ao alumnado como futuros traballadores e contribuíntes, e contradí a necesidade de formar ao neno e a nena para que desenvolvan de forma íntegra e harmónica a súa personalidade e as súas capacidades, que apoian tanto a vixente LOE como a LOGSE. A modo de exemplo, presento a frases coa que comeza dito anteproxecto:

“A educación é o motor que promove a competitividade da economía dun país e o nivel de prosperidade dun país. O nivel educativo dun país determina a súa capacidade de competir con éxito na área internacional e de afrontar desafíos que se plantexen no futuro”.

A LOMCE tamén retrocede no tempo ao presentar unha segregación en base a “capacidades”, explicando que “cada neno posúe talento, pero a natureza dese talento difire entre eles, polo que o sistema educativo debe contar cos mecanismos necesarios para recoñecelos e potencialos”. Isto tradúcese nunha separación no último curso da Educación Secundaria Obrigatoria en base a se se continuará co bacharelato ou cun ciclo de formación profesional, con contidos diferentes. Vemos así como se atenta contra a escola comprensiva sobre a que trata De Puelles na súa obra. Estase a realizar, da mesma maneira, a antiga distinción entre a educación secundaria conducente a postos de alta cualificación e a educación destinada á

aprendizaxe dun oficio que segundo o mesmo autor caracterizou nun primeiro momento á escolarización estendida a tódolos nenos.

 

En conclusión, a posta en práctica da teoría que levamos recollida neste vagón do tren, pode parecernos que se dislumbrará nun futuro incerto e desacreditador, que como noutras ocasións, faime asemellar ó cruce de vías onde non sabemos que camiño imos tomar, nin que nos deparará en cada un dos mesmos.

cruce de vias.jpg


 

 

A este respecto, e para finalizar esta páxina, quero remarcar algunhas das noticias sobre a situación futura da educación que fun recollendo no meu blog e que me pareceron importantes ter en conta, na profesionalidade do ámbito educativo.

A primeira delas fai referencia á “Formación Profesional” a cal parece ser que se modificará e será probable que dure entre catro e cinco anos.

La FP Básica podrá durar hasta cuatro o cinco años.

Ó respecto fixen algúns comentarios como os que seguen:

A los alumnos con más dificultades para completar la educación obligatoria se les ofrece seguir estudiando en los Programas de Cualificación Profesional Inicial, en los que siguen avanzando en conocimientos básicos, aprenden los rudimentos de un oficio y pueden llegar a conseguir el título de ESO. Con la reforma educativa, estos programas se convierten en la Formación Profesional Básica, a la que se podrá acceder a partir de los 15 años, ya no darán el graduado de secundaria..."

Y yo me cuestiono, si se trata de alumnado con dificultades para completar la educación obligatoria, como es que se le incrementa la etapa posterior para obtener un certificado de profesionalidad? Que estamos intentando hacer, favorecer el fracaso escolar? que no todos los jóvenes se quieran formar en una profesión?

Al parecer, según señala el Gobierno, será para que no se cuente con la estadística de abandono temprano. Pero...creeis que esto resolverá tal abandono, o mejor dicho, lo incrementará?

 

A segunda delas, fai referencia a un post nunha columna de crónica persoal nun periódico, onde o autor dicía que “a clave está nos maestros” referíndose os malos resultados do Informe Pisa. Tamén me suxeriu naquel día algúns comentarios ó respecto:

La clave está en los maestros.


“Recojo una noticia que me llamó la atención, más bien una crónica personal de un periodista, como todas aquellas que llevo recogiendo hasta ahora, ponen en entredicho lo que se está haciendo con la educación, así como diversas opiniones al respecto.

En este caso se trata de Francisco Muro de Iscar que titula su post "La clave está en los maestros". Éste hace mención con este título, a los resultados de España obtenidos en el Informe Pisa, pues tal y como él señala, la clave de que la educación no progrese es que "tenemos buenos profesores, no todos, pero necesitamos los mejores".

Esta frase, que yo discrepo en algún punto, pone en entredicho que la culpabilidad hacia los maestros de los malos resultados, lo cual no apoyo en ningún momento, sino que más bien lo atribuiría a la base legislativa, bajo la cual se rige nuestro sistema de enseñanza y que, por ende, parece que empeorará.


 

E, finalmente, entre tantas noticias recollidas e comentarios relativos ás mesmas, remato esta páxina coa impresión que me dou no momento a aprobación da LOMCE, coas súas expectativas de futuro no ámbito educativo:


parada 7 foto final.png