Lara Villar Núñez

Considérome unha persoa alegre, optimista xa que habitualmente lle intento ver o lado positivo as cousas e bastante responsable.

Historial

9. ATA SEMPRE: CONCLUSIÓNS E REFLEXIÓNS.: Revisión

9. ATA SEMPRE ---> CONCLUSIÓNS E REFLEXIÓNS.

Unha vez rematada a viaxe saquei as miñas conclusións e reflexionei sobre ela, que fora o que aprendera, en que me axudou, que problemas tiven ou puiden ter, cales puideron ser os inconvenientes, etc.

Para min isto é vital para poder medrar como persoa e tamén para poder progresar e que realmente se dea unha aprendizaxe significativa. Por iso considero necesario rematar este e-portafolios tamén cunhas conclusións e reflexións finais sobre o que me aportou esta materia, a forma de traballo, con que problemas me atopei, etc.

 

Como dixen xa ao comezo deste portafolios dixital o inicio nesta materia produciume sentimentos contrapostos, por un lado medo e por outro emoción. O mesmo que me suscitaba esa nova andaina viaxando a Nova York. Medo porque era algo completamente novo para min, emoción porque en ámbalas dúas experiencias sabía, xa dende o comezo, que tan so me ían aportar cousas novas e axudar nesta formación que, no ámbito da educación, máis se cabe, é importantísima. O ¿cómo remato? Con sentimentos de felicidade. Estou contenta porque creo que fixen un bo traballo e, o  máis importante, aprendín moitas cousas baixo unha metodoloxía de traballo complementamente nova para min.

“Usted gana fuerza, valor y confianza con cada experiencia en  la cual usted se detiene y mira al miedo en la cara.” Eleonor Roosevelt

No huyo de un reto porque tenga miedo. Al contrario, corro hacia el reto porque la única forma de escapar al miedo es arrollarlo con tus pies.” Nadia Comaneci

 

De feito, esta metodoloxía aínda que supuxo un esforzo engadido tanto por ser a través dunha rede tendo que actualizar o blog, subindo arquivos, tweets e finamente realizando o e-portafolios a través das páxinas como por ter que estar de xeito continuo indagando, facendo subidas, etc. considero que este esforzo se suple coa recompensa de ver todas as cousas novas que aprendín e, como di o dito:

Todo esforzo ten a súa recompensa.

“Todo lo que quieres en la vida está fuera de tu zona de confort” Robert Allen.

 

 Así pois en ámbalas dúas aventuras tiven que aprender baixo o lema aprender facendo (learning by doing), asumindo riscos e enfrontándome co imprevisible. Algo que tamén terei que asumir no futuro xa que a profesión de asesor, de mestre non é algo que sexa perfecto nin para o que poidamos usar receitas máxicas. Require contextualizar o noso traballo atendendo á institución na que nos atopemos e as características dos destinatarios e require ter en conta que as veces ocorren situacións imprevisibles nas cales teremos que reestruturar, reflexionar, interpretar, volver atrás, etc.  

"Sólo se encuentran respuestas en la acción". Einstein

“Vale la pena incorporar la idea de que vivir es estar continuamente confrontado con lo imprevisible, elaborar soluciones originales y aprender a tener una visión global de situaciones complejas” Ausloos (1998)

 

Resaltar ademais como ao longo das diversas sesións de clase e do e-portafolios podemos comprobar como na actualidade, na cultura escolar, coexisten dúas tendencias: a manterse e a cambiar. Debemos ter en conta que cando algo se quere transformar, cambiar, é porque o estudo da realidade, levado a cabo por diversos autores, así o aconsella así que na nosa man está loitar ou adaptarse ao existente. Xa sabemos que é o máis doado (manterse ou adaptarse ao que hai) pero tamén hai que ter en conta que o doado non sempre é o mellor e, dende o meu punto de vista, o correcto neste caso sería loitar para que se poida dar unha auténtica mellora na educación. O como? Envolver as prácticas da comunidade educativa baixo a cultura da colaboración axudaría a poder levar a cabo esta mellora:

Xuntos conseguimos máis que sós.

 

En relación a figura do asesor, son consciente de que estes teñen demasiadas funcións que levar a cabo e pouco persoal e recursos para facelo. Pese a isto para min é moi fácil agocharse baixo a postura “Teño moitas funcións que desempeñar pero non teño recursos entón non podo facer nada”. Todas as profesións, e, dende o meu modo de ver, esta especialmente requiren compromiso e dedicación, un querer facer máis día a día, un querer aprender, un investigar, buscar, unha actitude positiva, facernos preguntas,… Está claro que non todo vai ser doado pero non nos podemos dar por vencidos antes de intentalo, temos que traballar e reelaborar, pensar que é o que podemos facer cos recursos dos que dispoñemos e non o que fariamos cos que non temos,…

Tamén me gustaría destacar nesta reflexión a reticencia dalgúns asesores xa que unha parte deles céntranse en traballar para conseguir méritos propios e, por tanto, non loitan por un obxectivo que debería ser común a todos: a mellora dunha situación problemática ou dalgo dificultoso. Os asesores, dende o meu modo de ver, deberían ser as pontes, unha man que poida coller quen o precise e máis que loitar por conseguir eses méritos deberían tentar, por exemplo, capacitar ao profesorado para que por el mesmo saiba e poida resolver os problemas que lle xurdan na aula co seu grupo de alumnos/as deixando tamén a un lado a visión de que igual se fan isto perden o seu posto de traballo porque os mestres xa saberían resolver por si mesmos as dificultades. Na actualidade, no ámbito educativo un asesor, para min, é unha peza clave e, neste senso, capacitar ao profesorado vai ser unha axuda, que vai beneficiar tanto ao asesor que terá máis tempo para levar a cabo outras funcións, como para o profesorado que disporá dunha maior seguridade nas accións que leva a cabo como para o alumnado porque estes terán unha atención moito máis individualizada e, deste xeito, favorecerase un maior desenvolvemento integral deles. En palabras de Bolívar:

 “En lugar de pretender reservarse campos propios de decisión y resolución (por parte de los asesores y expertos), es más inteligente y, a la larga, más exitoso, potenciar la capacitación del profesorado para que pueda resolver por sí mismo los problemas cotidianos que en estos ámbitos se vayan presentando (Bolivar, 2000, pp 93)

 

Nesta conclusións finais gustaríame mencionar tamén a necesidade de estar aprendendo permanentemente, de xeito constante. As sociedades cambian, evolucionan e nós temos que saber adaptarnos a ese cambio e isto require formación polo que a miña aprendizaxe sobre o asesoramento curricular non remata aquí.

 

Finalizar cunha frase moi significativa para min:

“Debes encontrar algo que te ilusione lo suficiente como para asumir responsabilidades, saltar obstáculos y atravesar las paredes que siempre encontrarás frente a ti. Si no tienes este tipo de sentimiento por lo que estás haciendo, te detendrás en la primera gran dificultad” George Lucas

 

Ilusióname esta profesión? Teño que dicir un SI rotundo. As horas invertidas tanto nesta materia como nos 5 anos que levo forxándome un camiño no ámbito educativo podo dicir que foron unhas das máis felices da miña vida. Mirando a vista atrás recordo as lágrimas nos meus últimos días de Prácticum porque desgraciadamente o tempo volvía a pasar demasiado rápido e eu era feliz desenvolvendo á profesión, as sesións de clase nas que me convertía nunha esponxa e intérprete do que nos ensinaban os mestres, as horas a maiores indagando sobre aspectos que me chamaron a atención, os recursos elaborados dando pe a creatividade e imaxinación, etc.

Por suposto non todo foi doado, nestes 5 anos tamén me atopei con obstáculos e frustración pero conseguín superalos. O por que? A ilusión, ganas e o querer. A miña familia chámame a aventurada, a que lle gusta asumir riscos e en vez de ir ao sinxelo, querer mirar os cambios e experimentar, adentrarse no difícil e nos retos e,…. Non van desencamiñados. Para que enganarnos, asumir retos ligados ao ámbito educativo faime feliz porque creo que con eses pequenos retos me estou formando e aprendendo día a día, de xeito continuo para así poder lograr ese gran obxectivo, forxarme un camiño no ámbito educativo.

 image

Remato con esta foto para min moi significativa. Nese lugar antes atopábanse as torres xemelgas. Agora, como se pode apreciar, é como unha especie de fonte onde a auga flúe. Un lugar cargado de emotividade onde se intenta representar que todas as víctimas desa traxedia seguen presentes, continúan aquí.

Con ela intento expresar que esta materia tamén deixou pegada en min e que seguirei formándome e intentando aprender cada día máis, de xeito continuo e permanente para poder ser unha boa profesional.