0-Introdución

    No portafolios que se presenta a continuación recóllense as entradas, que considero máis significativas de entre as realizadas ó longo do curso académico. Estas non seguirán unha orde cronolóxica, se non que están dispostas do máis amplo ó máis concreto.

    Desta maneira inicialmente estarían as entradas relacionadas co nacemento e historia da tecnoloxía e os seus fundamentos teóricos, logo a teoría conectivista, sobre a que se sustenta a aprendizaxe en rede, seguida das potencialidades e dificultades que ten a web como espazo formativo. Finalmente trátase o que sería propiamente a aprendizaxe en entornos virtuais (e-learning) e como os suxeitos crean o seu espazo persoal de aprendizaxe.