1. Circuíto: Introdución

1. Circuíto: Introdución

Última actualización de en Adriana Mayán

O portafolios tratase dun instrumento de traballo que supón o peche da materia de “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”, é dicir, o seu punto e final.

A finalidade deste portafolios radica en realizar unha selección exhaustiva  das entradas realizadas á Rede Social Stellae (blogs, archivos, tweets, actividades…) que consideramos como máis importantes dentro do noso traballo persoal, así como o seu sentido e significatividade no propio proceso de aprendizaxe en devandita materia e a súa aportación á nosa formación como futuros pedagogos e profesionais de educación. Polo tanto, tratarase dun especie de soporte virtual no que se plasmará e recollerá a nosa implicación na materia.

O presente portafolios, leva por título “Carreira de F1 pola Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado”. O motivo polo cal decidín elixir este lema é porque penso que a nosa traxectoria por esta materia foi demasiado rápida, é dicir, desenvolveuse a gran velocidade como se dunha carreira de F1 se tratase, no que tivemos que traballar a marchas revolucionadas se queríamos aproveitala e vivila ó extremo. Penso que se trata dunha ámbito moi interesante no que tres meses son escasos, é dicir, se fan demasiado curtos en comparación á importancia que ten dita materia e do proveitosa que resulta a nivel de aprendizaxe. Cando parecía que collías o ritmo, que te adentrabas cada vez máis ó mundo da formación e desenvolvemento do profesorado xa estabas na recta final, a un paso de atravesar as bandeiras de cadros que che anunciaban que chegabas á meta. Sen embargo, a pesar de desenvolverse a altas velocidades e case nunha duración de tempo en milésimas de segundos creo que foi apaixoante correr esta carreira de F1, todas as súas retas, curvas e problemas mecánicos que puideran xurdir polo transcurso da mesma e por ser a piloto do meu proceso de aprendizaxe.

Para a realización do meu portafolios, realicei primeiramente unha lectura de todos os documentos que plasmei no Stellae, seguindo como criterio de elección aquelas entradas que versaban sobre os contidos da materia de “Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado” e aquelas outras que suscitaron o meu interese. Devandito portafolios, está organizado seguindo un fío condutor, comparando dita materia cunha carreira de F1 e os seus respectivos elementos. Polo tanto, o portafolios está estruturado en seis bloques ou apartados denominados como Parrilla de Saída: Aproximación ó profesorado, Primeiras voltas á pista: Aspectos característicos e situacións propias do profesorado, Parada en boxes: Adentramento na formación do profesorado, Curvas perigosas: Problemáticas do profesorado en canto á formación, Meta: Reflexión e Referencias bibliográficas. Destacar que cada un destes bloques irán acompañado dunha xustificación xeral sobre a elección das entradas escollidas.

 

5, 4, 3, 2, 1 "GO": "Comezamos a carreira"

Punto 1.jpg