1. Introducción

1. Introducción

Última actualización de en Susana Fernandez Rodil

Rematadas as clases teóricas e prácticas da materia Tecnoloxía Educativa, dispóñome a elaborar un recorrido da miña participación no Stellae e a percepción que tiven, con respecto aos novos aprendizaxes. Trátase dun e-portafolio, que a diferencia dos que estamos acostumados a facer, inclúe uns elementos seleccionados e organizaos de forma reflexiva e presentados en formato dixital. O meu obxectivo é demostrar o meu desenvolvemento, evolución e logros persoais durante a aprendizaxe desta materia.

Este e-portafolio será reflexo da nosa actividade en Stellae. Esta páxina supuxo para min unha novidade persoal e formativa, xa que non estou acostumbrada a publicar os meus pensamentos e reflexións, nin tampouco, durante a miña etapa escolar, tiven que empregar sitios web deste tipo.

O meu fío conductor fareino a partir dunha ruta camiñando por unha montaña, coas súas subidas e momentos duros, e apreciando, tamén, as fermosas vistas que se me permiten a medida que subo máis e máis. O noso obxectivo principal é chegar ao cume, pero unha vez alí, veremos que aínda nos queda moito máis por andar.

Comezamos!