2. PUNTO DE PARTIDA, COMENZA A BUSCA

2. PUNTO DE PARTIDA, COMENZA A BUSCA

Última actualización de en Silvia

Para comezar vou a retomar a miña primeira entrada neste rede. Nela, intento plasmar como me sinto ao comezar esta aventura, e as expectativas que teño con respecto a ela.  Como se pode ver nesta carta non comece cun boas expectativas nin optimismo, xa que neste camiño tíñame que introducir nun mundo que era descoñecido para min e o cal tampouco me resultaba atractivo, xa que cría que non podería atopar ningún tesouro novo.

podo resumir os obxectivos que tiña en mente cando comecei esta materia a través desta entrada . como se pode ver na mesma, o que inicialmente cría que ia ser o tesouro, resultou ser nada máis que unha pequena parte. Durante o transcurso da aventura cada vez foise ampliando máis, engadindo novos obxectivos unha vez que se cumprían os anteriores, e pouco a pouco coñecendo cada vez máis o amplo mundo da rede e da tecnoloxía aplicada a educación.

Para rematar, gustaríame resaltar a sensación de temor e descoñecer ao saber que me ia enfrontar a unha avaliación a través dunha rede social da cal non tiña coñecemento, a inseguridade de non saber si o estou facendo ben ou se estou plasmando correctamente o meu coñecemento. A estas sensacións uníanse outras positivas como o pracer de aprender cos meus compañeiros, e que estes aprendan de min, así como a liberdade de elixir que aprender en función das miñas motivacións persoais.