6. PISTA 4: FERRAMENTAS NECESARIAS PARA ATOPAR O TESOURO

  • O mapa: permitiume evitar a infoxticación e sobreinformación que antes eran características de todas as mimas buscas. Nel atopei unha serie de buscadores e metabuscadores que non coñecía e que se adaptaban as necesidades de cada momento. Outra estratexia que e proporcionou o mapa foron os booleanos, entre outros, que me permitiron optimizar un pouco máis a busca.   Por outra banda, entre as orientacións do mapa, atopábase tamén novas formas de ordenar a información como por exemplo os escritorios virtuais (symbaloo) e de manterse actualizado (RRS). Para rematar de completar a información que me proporcionar o mapa, cabe mencionar a curación de contidos, que permite transformar a información atopada en aprendizaxe significativo.
  • A brúxula: grazas a este instrumento conseguín orientarme na viaxe segundo as miñas necesidades. Mediante a construción do meu propio PLE logrei aprender de maneira autónoma (guiada en certa medidas polas orientacións que se daban na aula) unha serie de competencias que me facilitará o meu día a día.
  • A pala: neste apartado gustaríame facer referencia os marcadores que fun seleccionando ao longo de todo o proceso xa que os considero recursos educativos que me poden ser de utilidade tanto na vida académica como no me futuro profesional.