1. Introducción

1. Introducción

Última actualización de en Beatriz Souto Rial

Dende que comecei esta andaina polo mundo da Tecnoloxía Educativa, a Competencia Dixital estivo presente en cada un dos meus pasos. Aínda que o principio do viaxe non era moi consciente da súa presenza e importancia, co transcurso do aprendizaxe funme decatando da especial relevancia que ten este concepto no mundo da Tecnoloxía.

Por iso, neste e-portafolios, presentareivos aqueles coñecementos adquiridos durante todo o proceso en relación o meu fío condutor, á Competencia Dixital. Estes, desdobrareinos en función de tres apartados: as habilidades e coñecementos instrumentais, as habilidades e coñecementos avanzados e as actitudes para a aplicación das habilidades e coñecementos.

Por último, facer referencia á imaxe, na que presento multitude de conceptos que foron contribuíndo neste proceso para chegar ó destino final: o meu fío condutor, a Competencia Dixital.