3. PORTA CARA AS POSIBILIDADES DA TECNOLOXÍA

A segunda porta que se nos presenta, recibe o nome de Posibilidades que a tecnoloxía nos ofrece. Ante esta porta plantexámonos cales serían os obxectivos que nos propoñemos ante esta materia, entre os que aparecían: adquirir coñecementos e habilidades para manexar a tecnoloxía no ámbito educativo, e facer un bo uso de elas adoptando un papel crítico.

Pero o que nos aportou poder abrir esta porta é que a tecnoloxía ofrece interminables posibilidades:

  • Favorece unha visión intercultural (globalización).
  • Entornos persoais de aprendizaxe (PLE)
  • Favorece o proceso de ensino aprendizaxe (aulas ou e-learning)
  • Axúdanos a crear e compartir coñecemento (creative commons)
  • Recibir e ofrecer información (ferramentas de búqueda)
  •  medios de comunicación (importante desenvolver a competencia mediática).
  • Ferramentas tecnolóxicas (aplicacións)