3. Perdida no camiño

3. Perdida no camiño

Última actualización de en Judith Viqueira Díaz

Como ocorre na vida, un non sempre escolle o camiño correcto.

Neste caso, no tocante de seguir as instruccións marcadas fun indagando sobre os temas que a min máis me preocupaban, que trataban sobre se o profesorado estaba preparado para impartir estas novas materias sobre a tecnoloxía, sobre o uso responsable destas novas tecnoloxías, como se reflexa nos meus blogs. Pero non ía pola ruta que se marcara nas aulas, aínda que si que tiña que ver coa materia non desenvolvera ningún dos temas tratados na aula, agás a narrativa transmedia (http://stellae.usc.es/red/blog/view/141206/narrativa-transmedia.

Tamén traballei sobre o infográfico, que era e como se realizaba, e ao ter que deseñar un tiven certos problemas á hora da súa descarga xa que era case imposible, pero así son eu coas novas tecnoloxías... Aprendín un pouco máis das wikis, en concreto da wikipedia, ao ter que escribir un artigo nela e modificalo. Ao final e o máis divertido para min foi o vídeo onde tamén tivemos que deseñar un storyboard que subiu a miña compañeira a súa páxina (http://stellae.usc.es/red/file/view/142353/video-te)

Pouco a pouco fórame perdendo polo camiño, afastandome da ruta marcada e case sen darme de conta, non comprendera ben as instruccións marcadas e na primeira avaliación foi onde se reflexou esa pérdida, ese caos que tiña na miña mente no que ao traballo individual se refire.

Logo desta avaliación intentei retomar o camiño pero sentíame máis perdida que ao principio o que provocou que non fose capaz de encontrar o meu camiño e me levase a unha mala avaliación final.