Cambiar obxectivos

Cambiar obxectivos

Última actualización de en Ivan Calviño Gomez

É precisamente o mencionado no último parágrafo do apartado anterior  o que debemos de facer. Deixar de centrarnos en principios do aprendizaxe clásico e comezar a adaptarnos ás necesidades que se presentan neste novo mundo dixitalizado.

Existen diversas necesidades ás cales a educación debe de dar resposta máis que nunca. Anteriormente o acceso á información era un problema, e a memorización da mesma era vista como a solución perfecta a ese problema. Agora sen embargo ese acceso á información non presenta ningún tipo de obstáculo. E, por curioso que pareza, pasa a crearse un problema completamente oposto, o exceso de información.

                                                  

Ante isto xa se propoñía, no texto de Bergulles sobre o cal fixemos xa un traballo, a necesidade de comezar a formar a usuarios críticos que poidan seleccionar esa información e escoller a que lles resulte máis útil.

Por outro lado tamén se debe de comezar a formar aos alumnos en función a outras competencias, en lugar de centrarse en memorizar contidos. Xa vimos que hoxe en día o acceso a contidos é moi sinxelo, polo que identificar e potenciar outro tipo de cualidades debe de ser unha das novas prioridades para os novos educadores.