0. Introdución

0. Introdución

Última actualización de en Nazaret Suárez Louzao

Vivimos nunha sociedade onde as novas tecnoloxías están presentes en prácticamente tódolos ámbitos da nosa vida, as que ademais, empregamos prácticamente a cotío. De feito, ofrécennos certas posibilidades sen as cales xa non poderíamos desenvolvernos. Están pois, completamente interiorizadas nas nosas vidas, aínda mais no caso dos identificados como "nativos dixitais".

 Pero, aínda que as empreguemos tanto en tódolos ámbitos como a todas horas, coñecemos verdadeiramente ás novas tecnoloxías? somos conscientes de todo o que traen consigo?. En absoluto.

Dende o meu punto de vista, e tal e como pretendo reflexar a través do seguinte e-portafolios, coñecemos e empregamos unha parte insignificante das novas tecnoloxías: das súas posibilidades, recursos, riscos, límites...

O traballo desenvolvido durante a materia serviume para afirmar e constatar este punto de vista. Á vez que ía descubrindo novos conceptos, contidos, posibilidades, riscos... das novas tecnoloxías, íame dando de conta do pouco que sabía.

Aínda que a materia supuxo para min un gran avance e aumento  de contidos e coñementos referentes ás novas tecnoloxías, son consciente do moito que me queda aínda por aprender, de que nunca vou deixar de descubrir novas cousas, e da inmensidade que supón este ámbito.