7 Reflexión persoal final

Como término do meu portafolios - "receta", non quería deixar de mencionar que, para poder acceder a todos estes coñecementos, tiven que empregar un forno un tanto... especial!

Temos que fortalecer a temperatura do noso Stellae. Que que é iso? Unha das mellores redes sociais universitarias que coñecín na vida. Gracias a ela podes ir preparando pouco a pouco a temperatura da túa ferramenta de cocción. Estala a ensaiar como ti queiras, do modo en que ti consideres oportuno. Poder pedir opinión a todos os teus cociñeiros favoritos (os teus compañeiros); intercambiar "ingredientes" do máis variados posibles, aportando á túa tarta unha gran variedade de sabores e sobre todo, sabedoría popular. 

Incluso che permite darlle coñecemento aos demais dos "recetarios" (marcadores) que empregas para a túa vida diaria ou che parecen interesantes para que, nun momento dado, poidas ter un gran prato para unha cea especial. 

Sen dúbida, remato este "gran curso de cociña tecnolóxica" como a min me gustaría, sabendo que repitirei os pasos da miña "receta tecno" día tras día, traballo tras traballo. 

E iso, é a maior satisfacción do mundo. Gracias a todos os meus compañeiros, por participar na rede, por me permitir intercambiar opinións con eles e que eu vise o que me ofertaban para aprender. Gracias e todos e cada un deles por me demostrar que, a pesar de que a cociña tradicional encántame, facela por Internet tampouco está nada mal. 

Vémonos polas redes amigos, e non esquezades: o ordenador a punto para seguir facendo milleiros de pratos fantásticos máis e intercambiar eses pasos con todas as xeracións que pasen polas nosas mans.

Ate pronto Tecnoloxía Educativa! Vémonos de cara ó ano que ven!