6. Creación e publicación de información

Sabías que cando creas un documento en Word, Google Drive ou Photoshop estás creando información? E que cando compartes algo en Youtube ou Facebook estás filtrandoa e compartíndoa? Se ademais empregas plataformas como Diigo, Delicius ou Adobe Reader, tamén a estás xestionando e curando contidos. Pero non acaba aquí. Se consultas e/ou modificas artigos da Wikipedia estás filtrando e xerando información!

Existen, ademais, multitude de plataformas wiki que permiten esta mesma colaboración á hora de xerar e compartir información. Este proceso de creación en comunidade enriquece o resultado do artigo, foto, arquivo de audio ou calquera tipo de documento que compartas.

trivial-pursuit-996483700.jpg

Se cumples con estas condicións, sen sabelo eres máis que apto para lograr o quesito desta categoría, e por tanto, estarás moi preto de lograr completar a túa ficha de Trivial Pursuit edición Tecnoloxía Educativa! Afonda no terreo inexplorado das plataformas wiki, descubre as posibilidades que estas te ofertan, cambia de perspectiva a visión que tes sobre ferramentas coñecidas pero que non empregabas de modo totalmente consciente e, sobre todo, aprende de modo colaborativo.

Entradas recuperadas:

Plataformas Wiki

Plataformas Wiki II