3º Rasgo: Transmedia e Educación

3º Rasgo: Transmedia e Educación

Última actualización de en Noelia Fernandez Alvarez

O termo Narrativa Transmedia non o coñecía ata tomar un primeiro contacto con el mediante a materia de Tecnoloxía Educativa, por iso decidín nesta segunda etapa profundizar nel. Bueno, non o coñecía tampouco é a expresión, mellor dito non sabía que así o nomeaban, porque como vos dixen na entrada, quen ía dicir que sagas como Star Wars, The Matrix ou Harry Potter eran experiencias transmedia. Por iso que, pensamos que coñecemos moito sobre a tecnoloxía, e en realidade non sabemos nada.

Quizáis que o aspecto que me resultou máis conmovedor ou novedoso, foi trasladar os principais elementos da Narrativa Transmedia ao ámbito da educación, aos procesos de ensino - aprendizaxe. Penso que este xeito de abordar a educación pode resultar atraínte para o alumnado, provocando así emocións e ganas de aprender. Por outra banda, con isto tamén se verá influenciado a labor do docente modificando os xeitos de ensinar, neste senso penso que isto é importante de cara a utilizar metodoloxías e ferramentas novas onde o docente se actualiza e os alumnos se deben mostrar activos e participativos nos procesos de ensino - aprendizaxe.