c) Outros lugares de interese

c) Outros lugares de interese

Última actualización de en Nuria Parada

Ademais daquelas paradas obrigatorias, que neste caso os coordinadores da viaxe nos propuxeron e guiaron, persoalmente ao longo desta aventura fun pouco a pouco realizando diversas entradas no meu caderno de viaxe, engadindo conceptos e aportacións máis teóricas.

Intentando que estas que fosen de interés para o resto dos meus compañeiros viaxeiros e tamén para aqueles que emprendan esta viaxe nun futuro porque como xa comentei na introducción o fío conductor deste caderno é a intelexencia colectiva, xa que esta surxe da colaboración de moitos individuos, de tantos como todos aqueles que conforman esta aventura. As miñas contribucións tanto para os que xa están como para todos aqueles que aínda estań por vir, son as seguintes:

  • Licencias dixitais, esas gran descoñecidas (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144094/licencias-dixitais-esas-gran-desconecidas) Nas páxinas do meu caderno adicadas a este tema quixen facer unha pequena explicación sobre o tipo de licencias e as diferentes variantes que delas surxen. Primeiro para aclararme estes conceptos a min mesma, xa que non sabía nin de que iban as licencias nin os diferentes tipos que existían e tamén o realicei pensando que como a min estas páxinas lles podían servir aos demais para clarexar as súas ideas respeto deste tema.

  • Abalar a favor ou en contra? (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144095/abalar-a-favor-ou-en-contra) Cando na viaxe falamos sobre a integración das TIC nas escolas fixemos referencia as políticas educativas vixentes polo que realicei unha nova entrada no meu caderno. Esta tratou de ser unha pequena reflexión persoal sobre unha das políticas educativas (enténdase estas como accións que leva a cabo o Estado realacionadas coas prácticas educativas) a da nosa comunidade, o proxecto Abalar. Nesta reflexión fixen referencia aos motivos polos cales pensaba que Abalar non conseguira os seus obxectivos.
  • Que teñen en común Matrix, Harry Poter e Lost? (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144161/que-tenen-en-comun-matrix-harry-poter-e-lost). Nesta aventura tamén fixemos referencia a narrativa transmedia, co cal decidín adicarlle tamén un espazo na miña libreta de viaxe trantando de clarificar que significaba iso da narrativa transmedia e cales eran os seus principios básicos. Interesoume moito este tema debido a que sen saber case da súa existencia levaba moito tempo participando nel.
  • Infoxicación, sobrecarga informativa ou infobesidade (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144183/infoxicacion-sobrecarga-informativa-ou-infobesidade). Este termo tamén ocupou follas do meu caderno xa que nos refiremos a el durante a viaxe e quixen deixar claro que significaba e ademais creo que o debemos ter moi en conta xa que aínda que non queiramos estamos expostos a el continuamente debido á gran cantidade de información que a cada minuto chega a nós dende diferentes soportes e medios. Está nas nosas mans combatilo mediante a curación de contidos, esta consiste en buscar e seleccionar aquela información que consideremos precisa desbotando aquela outra que non nos sirva.
  • Fenda dixital...(http://stellae.usc.es/red/blog/view/144193/fenda-dixital). Esta foi unha entrada, que realicei con posterioridade a que os coordinadores da viaxe nos falaran deste fenómeno e das súas terribles consecuencias, por un lado a diferenza socioeconómica entre aquelas persoas que teñen acceso ás TIC e aquelas que non e por outro a diferencia xeracional entre aquelas que as saben manexar e aquelas outras que non.Paréceme un fenómeno a combater para que todas as persoas poidamos contar con igualdade de oportunidades, non por ter menos diñeiro ou ter máis idade temos que relegarnos a non utilizalas e perder as infinitas oportunidades que estas nos ofrecen.
  • E-learning, definindo unha nova maneira de aprender (http://stellae.usc.es/red/blog/view/144319/e-learning-definindo-unha-nova-maneira-de-aprender). Nesta ocasión tratei de facer referencia ao fenómeno do e-learning, e aos papeis que nel desenvolven alumnos/as e docentes, para isto utilicei unha ferramenta que coñecín no desenvolvento desta travesía, esta foi Prezi. Grazas a ela, conseguín explicar en qué consistía este fenómeno dunha forma moito máis visual e amena.