1. Idea e deseño

1. Idea e deseño

Última actualización de en Lara Bello Rey

Comezábamos o nosos proxecto o martes día 1 de marzo, sen saber moi ben se queriamos confeccionar un mono, un vestido ou un pantalón; só sabiamos que queiramos confeccionar algo. Algo así nos pasou ese día un de marzo no comezo da clase, non sabíamos moi ben do que trataría esta sinatura, nin como se levaría a cabo, só sabíamos  de oídas por parte dos alumnos de cuarto, da existencia dun blog, no cal teríamos que subir entradas periodicamente se queriamos aprobar. Provocando esta situación un ambiente de emoción e pensamentos confusos; incertidume, medo, curiosidade...

Nese primeiro día tanto na clase expositiva como interactiva, afondamos na idea que tiñamos nós do que era a tecnoloxía e de como nos posicionábamos respecto a ela, véndose en xeral un concepto moi reducionista e sesgado do que era a tecnoloxía, asociando esta a aparellos tecnolóxicos e a innovación. Isto pódese ver reflexado nas miñas primeiras entradas, tanto individuais como en grupo: 1. Tecnología Vs. Mundo. 2. La isla. 3. Definición de tecnoloxía.

Nas vindeiras clases expositivas a nosa idea de tecnoloxía foise modificando e ampliando, tendo unha idea agora de todo aquilo que engloba e abarca esta palabra. Entendendo que a tecnoloxía é moito máis que innovación e aparellos tecnolóxicos; é todo aquilo que dalgún xeito nos facilita a vida en calquera ámbito e sentido; é dicir, é todo aquilo que nos permite deseñar e crear bens, servizos e utensilios que nos facilitan a vida e nos axudan a cubrir as nosas necesidades. Considerándose tecnoloxía, deste xeito, unha simple mesa. Tamén fomos definindo e asentando as bases do que son as TIC e a tecnoloxía educativa.  Isto pódese ver reflexado nas seguintes entradas: 4. Transformación do concepto tecnoloxía. 5. Definición de tecnoloxía, TIC e tecnoloxía educativa. 6. Reflexionando no concepto.

Pódese dicir entón, chegado este punto, que o noso deseño do que é e abarca a tecnoloxía, en xeral e a tecnoloxía educativa, en particular, estaba xa medianamente estruturado e elaborado. Ao igual que a nosa idea do que era e do que iba a tratar dita sinatura. Estando listos agora para pasar a seguinte fase.