a) Primeiro contacto coa realidade

a) Primeiro contacto coa realidade

Última actualización de en ...

Cando alzo a vista atrás e recordo o primeiro día da clase de tecnoloxía, volvo sentir certo nerviosismo pola necesidade de ter que publicar e deixar patente xa na propia sesión as entradas que me gustaría realizar. Isto é así porque me notaba insegura, pensaba que non ía saber utilizar a rede social. As miñas experiencias coas TICS fundamentábanse na busca de información nun só buscador (Google) e a utilización de unha rede social. A miña concepción sobre as tecnoloxías era bastante pesimista, cando pensaba nelas pesaba na degradación da sociedade. Isto pódese comprobar nas miñas primeiras publicacións como a “película Her” na entrada “Tecnoloxía e imaxe” ou no “collage tecnolóxico” sendo imprescindible a publicación da imaxe central onda todos os individuos están xuntos pero máis pendentes do seu móbil que un do outro.

En certa medida considero que estas sensacións son normais na miña persoa xa que, de onde veño, na experiencia coa miña familia non recordo que se empregase nunca ningún aparello relacionado coas TICS, meus achegados non saben utilizar un ordenador (só meus primos, irmán...) de feito no meu fogar non teño nin internet.

Mentres ían avanzando as sesións, a miña perspectiva cara as tecnoloxías foi mudando. As miñas entradas xa non eran publicadas precipitadamente se non que me paraba a reflexionar sobre o meu entorno, as miñas experiencias e intentaba vincular estas últimas coas publicación tal como se pode comprobar coa entrada “os cambios nunha imaxe”.

birthphotography-urbansafari1.jpg

Se puidéramos introducirnos no corpo dun bebé, sentir as súas emocións nos primeiros días de vida, comprobaríamos como estes se moven e actúan por impulsos e reflexos, intentan abastecer as súas necesidades básicas sen poder razoar como o faría un adulto. Algo así sucedeu coa miña aprendizaxe nesta primeira etapa, os meus inicios foron máis impulsivos e baseados na propia experiencia que intentando mirar máis aló do meu campo de visión.

Cuando un niño aprende a caminar y se cae 50 veces, nunca se dice a si mismo: “ Tal vez esto no es para mi”